|
|
miércoles, 26 de febrero de 2014
domingo, 12 de enero de 2014
ÁRBORE XENEALÓXICO
ÁRBORE XENEALOXICO
Vicente Carmen Dolores Josë Manuel Avelina Pastor S. Serafina
Perez &
Mosquera Franco & Camacho Cardoso &
Rivera Couce &
Beceiro
(1900/ Fernández López Dietta De la Piedad
Freire
Martínez López
1908) (1902/81) (1914/48) (1908/92)
(1898/1963) (1897/1989) (1904/62) (1905/69)
______I____ ______I______ ______I______ ________I___
I I I I
José Ana M.C. Juan Juana
Pérez Mosquera &
Camacho Cardoso Rivera &
Couce Beceiro
(14-4-1924 Franco (2-6-1926/ (9-8-1928/
/31-7-1999) (14-10-1934) 11-2-2004) 11-3-2003)
______I___________ _____________I___________________________
I I I I I
Ramón Ana José Mª Juana Mª Montserrat
José M. Juan
M.
Teijeiro &
Pérez Pérez &
Cardoso Cardoso &
Sánchez Cardoso
Luaces Camacho Camacho Couce Couce Moreira
Couce
(23-8-1973) (11-3-1974) (17-9-1962) (20-9-1964) (28-9-1968) (29-9-1963)
(1949/50)
I I I
Samuel Natalia Sergio
Teijeiro Pérez Pérez Cardoso Sánchez Cardoso
(18-3-2003) (8-7-1996) (14-5-1990)
MIÑA FAMILIA PATERNA
Domingo & Carmen
Dolores Fernando Francisco Olimpia
Mosquera Fernández
López &
Franco
Camacho & Dietta
Corral
Corral Tinoco Diaz
____I_____________ ______I_______ __ ______________I__________
I I I I I I I
I I I I I I Francisco Camacho Dierra
Vicente
Carmen Manuel Jose Victor
Dolores José & Hortensia
Perez
& Mosquera Franco
& Camacho Pazos - Hortensia
(1900/ 1980) Fernández López Dietta - Francisco
(1902/81) (1914/48) (1908/92)
& Concepción Velay
_________I_____________________ ______I___________________________________
I I I I I I I I I I
I
Carmen Alicia Luisa
Pilar José Ana M.C. José
Dolores M. Angeles Olimpia
Fernando
Pérez
&
Camacho
Mosquera Franco
(14-4-1924/31-7-1999) (14-10-1934)
I
José Mª
Pérez
Camacho
(17-9-1962)
I
Natalia
Pérez
Cardoso
(8-7-1996)
MIÑA FAMILIA MATERNA
Francisco & Demetria Andres & Saturnina
Couce Lamas Beceiro López López
I I
________
_________
I I
Manuel María Manuel Florentina Vicente & Rita Martinez Juliana
Cardoso &
de la Rivera &
Freire Couce Lamas Pita Beceiro López
Pinto Piedad I (1865/1945) (1863/1950) (1884/1964)
______I__________ _________ _______ I____________ ___I_____
I I I I I I I
María Manuel Avelina Juan Enrique
Pastor S. Serafina
Cardoso
& Rivera Couce &
Beceiro
De la Piedad
Freire
Martínez López
(1898/1963) (1897/1989) (1904/62) (1905/69)
_____________I_____________ _____________I___________
I I I I I
Manuel Josefa Juan
Juana Carmen
Cardoso
Rivera & Couce Beceiro
(2-6-1926/11-2-2004) (9-8-1928/11-3-2003)
I
Juana
Mª
Cardoso
Couce
(20-9-1964)
I
Natalia
Pérez
Cardoso
(8-7-1996)
O MEU BISAVÓ, JOSÉ CAMACHO DIETTA
José Camacho Dietta, o meu bisavó paterno, naceu en Ceuta
o día 17 de marzo de 1910, fillo de Francisco Camacho Tinoco e de
Olimpia Dietta Diaz.
Pertencía a unha familia acomodada de Ceuta a súa nai
fíxose enfermeira da Cruz Roja ao enviudar, e o seu pai fora un alto mando da
marina que morreu moi novo deixando tres fillos, un deles morreu de sarampión a
temprana idade, chamábase Miguel.
O maior dos irmáns era Francisco Camacho Dietta e foi
profesor na Escola Militar de Marín.
A infancia do meu bisavó transcorreu en Ceuta cursando
estudos de seminarista, pero como non era a súa vocación decidiu ingresar na
marina. Na marina destinarono a Ferrol onde coñeceu á súa primeira muller,
Dolores Franco López (a miña bisavoa) natural de Ferrol. Casáronse o día 13 de
maio de 1933 en Ferrol. A moi temprana
idade empezou a ter fillos, a primeira foi miña avoa Ana María Camacho Franco á
que lle socederon outros cinco fillos máis.
Tras casarse, ao ano seguinte estalou a Guerra Civil e
tivo que marchar ao fronte. Embarcou no acorazado Jaime I (1) que foi leal á República. Ao meu bisavó o
prenderon e os encarcelaron do cal o librou o seu irmán que se atopaba no bando
contrario (Francisco) xa que o seu irmán era un alto mando e conseguiu sacalo
do cárcere. Finalmente o meu bisavó foi expulsado da marina.
Vouvos contar unha anécdota que díxome miña avoa sobre
o seu pai cando atopábase na guerra:
Cando estaba en Teruel como o meu bisavó non quería
matar a ninguén pedeu ir a caballería e coidar dos cabalos, finalmente
deixáronlle e como alí tiñan moito frío e pasaban hambre en vez de darles a
cebada aos cabalos para facían café con ela, polo cal os cabalos estaban moi
delgados e algún morrían debido áfalta de alimentos. Ao preguntar o comandante
se lle estaban a dar os alimentos aos cabalos o meu bisavó asentía dicíndolle
que si, que el facía todo o que lle mandaban, cando en realidade os soldados
utilizaban a cebada para facer café e quentarse e á vez chear o estómago.
Tras ser
expulsado da marina o meu bisavó volveu a casa sen traballo e sen diñeiro, e
presentouse a unha praza de electricista na Bazán e logrou entrar.
Nesta época había racionamiento, daban media barra de
pan por persona e un racionamiento de víveres na Bazán e como eran tantos
fillos tiñan que acudir ao que chamaban “fielato”, que era o que pagaba la
gente da cidade por ir a comprar á aldea, co cal había moita pillería por
exemplo a miña avoa lle poñían a carne e os chorizos dentro da roupa para
evitar así pagar.
Miña bisavoa
morreu con 33 anos de tuberculosis despois de pasar dous anos encamada,
despois tamén morreu o fillo máis pequeno.
O meu bisavó casouse dúas veces máis, tendo da segunda
muller dous fillos, esta muller chamábase Hortensia Pazos Veiga, estos fillos
chamáronse Hortensia e Paco. Despois de
moitos anos volveu a quedar viudo xa que a súa muller ao igual que a primeira,
morreu de tuberculosis.
Finalmente
volveuse a casar, con Concepción Velay Dominguez, casáronse o día 7 de dicembro
de 1983, a súa muller morreu de cancro
de peito.
O meu bisavó morreu de cancro aos 82 años o 19 de
xulio 1992 en Ferrol.
----------------------------
(1)O acorazado Jaime I ao comezar a Guerra Civil
encontrábase en Santander, onde os cañón axudaban a disuadir aos rebeldes de
calquer intento os primeiros días. Despois recibiu a orde de dirixirse ao
Estreito de Xibraltar. No transito a dotación rebelouse contra os seus mandos e
o barco quedou en manos do bando republicano. En xulio e agosto de 1936 tomou
parte dos bombardeos de La Línea ,
Ceuta, Melilla e Algeciras y o 13 de agosto de 1936 reciu o impacto dunha bomba
de aviación de Málaga. En septembro pasou al Cantábrico con outros barcos para
apoiar a parte republicana que quedárase aisla, pero depois recibiu a orde de
regresar ao Meditérraneo e dirixir a Cartaxena, dende onde tomou parte en
varios bombardeos.
O 15 de abril de 1937 encallou en Punta Sabinal,
logrou zafarse e refuxiouse en Almería, onde o 21 de maio sufriu o impacto de
tres bombas que lle causaron grandes danos. A pesar das súas averias conseguiu
chegar ata a base naval de Cartaxena.
A MIÑA TATARAVOA CARMEN FERNÁNDEZ
A
comezos do século XX (sobre 1910-12) emigrou a Cuba deixando a tres fillos ao
coidado do seu marido Domingo, foi ela únicamente a que emigrou a Cuba para
poder mandarlles o diñeiro que tanto necesitaban naquela época. Cuba foi
colonia española ata 1898 (1). Cando miña tataravoa estivo alí, era unha
república que se iniciou en 1902.
Domingo Carmen
Eles vivían en Cabana (Palas de
Rey, en Lugo). O ano que podía, volvía para ver á súa familia, e logo volvíase
a ir para traballar en Cuba.
En Cuba traballaba coidando a uns
nenos nunha mansión de xente acomodada en Cuba. Antes de emigrar a Cuba xa tiña concertado ese traballo.
Ela botou moitos anos en Cuba,
incluso non puido asistir á voda da súa filla Carmen a cal casouse en 1921 con
Vicente, xa que este acababa de finalizar o servizo militar.
Estando alí traballando a miña tataravoa faleceu o seu esposo Domingo, facéndose
cargo a súa filla Carmen do coidado dos seus fillos Manuel e José.
A súa filla Carmen
Pasados os anos os nenos creceron e algún como
Manuel conseguiron cargos importantes, xa que él chegou a ser alcalde de Ulloa
durante 40 anos.
A miña tataravoa volveu definitivamente a España en 1942 conviviu na
súa antiga casa de A Cabana coa súa sobriña.
Finalmente faleceu en 1944.
Tras pasar algunhas estanzas na
casa da súa filla Carmen en Santiago cando xa estaba moi deteriorada.
-----------------
1.- O 27 de octubre de 1492 chegaron ás costas
cubanas pola zona de Bariay, L Pinta, La Niña e a Santa María, as tres primeiras naves
europeas baixo o mando de Cristóbal Colón, quen desembarcou ao siguinte día.
Colón denominou inicialmente á recén descuberta Isla de Cuba como Isla Juana en deferencia ao Príncipe
Juan, que era o herdeiro da coroa. Colón pensaba que chegara ás Indias
orientais e non se imaxinaba que detrás desta pequena illla, se encontraba un
continente xigantesco, descoñecido para o mundo europeo. Según describen as Cartas de Indias, unha vez que Colón
pisou solo cubano, se arrodillou na area e coa cabeza inclinada cara arriba
exclamou: «Ésta es la tierra más hermosa que ojos humanos hayan visto jamás».
Desde entón ata 1898 Cuba foi unha colonia
española.
A Guerra
de Independencia de Cuba é o nombre co que se coñece á última guerra pola
independencia dos cubanos contra odominio español e se trata dunha das últimas
guerras americanas contra o Reino de España. Aguerra se iniciou o 24 de febreiro
de 1895 nun levantamento simultáneo de 35 localidades cubanas, no Grito de
Oriente e rematou en 1898 coa rendición do exército colonial español ante o avance
militar estadounidense, coa asistencia e o apoio dos mambises (membros do exército
independentista cubano) na coñecida xeneralmente como Guerra
hispano-estadounidense.
FAMILIA MATERNA
As persoas da fotografía son: os
adultos, os meus bisavós Pastor Couce e Serafina Beceiro e as nenas, a máis pequena, é miña avoa Juana e a maior, a súa irmá Carmen.
Tanto miña avoa como a súa nai e a
súa avoa, naceron en El Vilar, parroquia
de Lago no Concello de Valdoviño, pero a familia era orixinal de Pantín.
Todas elas naceron en casa, pois naquella época apenas había hospitales, e para
acudir a eles necesitaban ter diñeiro, pois non existía a Seguridad Social como
agora, e só acudían a eles por causas moi graves.
Contaba miña avoa que cando ela era
pequena, naceu no ano 1928, a
vida era moi diferente á actual, pois pese a que eles tiñan algúns recursos,
cultivaban a terra, tiñan animais (vacas, cerdos, coellos e galiñas) e a renta
duns pisos en Ferrol, a maior parte dos veciños pasaban moitas necesidades. Ela
consideraba que a súa familia fora dos “privilexiados”, pois
nunca pasaron fame e ningunha persoa da familia falecera na guerra, que
naquela época era habitual. Da súa familia só o seu tío Juan estivera no exército, no bando nacional, e alcanzara moi
elevada graduación, polo que ao final da guerra quedouse a vivir en Madrid e xa
nunca volveu a vivir en Galicia.
A familia vivía na casa petrucial,
que estaba formada por unha pranta baixa, onde estaba a cuadra e a cociña, onde
había unha lareira, que era onde cociñaban con leña (non tiñan nin gas nin electricidade) e a parte de
arriba, dividida en dous habitacións, era onde dormían. Non había cuarto de
baño, e para bañarse tiñan que quentar agua na lareira e botala nunha tina.
Cando miña avoa era pequena, para ir
ao colexio, o que non todos os nenos da aldea podían facer, tiña que andar todoslos días máis de cinco
kilómetros, por camiños sen asfaltar, pois de aquela só as carreteiras nacionais
estaban ben feitas e, cando volvía soa, pasaba moito medo, pois de pequena ela
cría na santa compaña, e en moitas outras lendas, pois os maiores, reuníanse
entorno á lareira moitas veces pola noite, e contaban historias, sobre todo cando
acudía algún pobre, pois daquella según dicía miña avoa, era normal que aos
pobres se lles dese comida e se lles permitise dormir nas cabañas.
A vida era difícil, pois incluso sendo
unha nena miña avoa tiña que traballar a terra axudando aos seus pais, e grazas
a isto tiñan patacas e verduras para comer, e ao ter animais tiñan carne, pero
outros productos como aceite, azúcar, tiñan que compralos coas cartillas de
razonamiento (1) e como iso era pouco, moitas veces tiñan que comprar de
estraperlo (2), o cal resultaba perigoso, pois se os collían os podían deter..
Tamén era moi difícil conseguir
medicamentos, miña avoa que estivo enferma de pulmonía logrou sobrevivir,
porque o seu tío Juan, o militar, lle enviaba os medicamentos.
Miña avoa
sempre dicía, que “ojalá nunca volviese
a haber otra guerra”.
-----------------
1.- A
Cartilla de racionamiento.- Tras a guerra, os alimentos convertéronse nun ben escaso,
o Goberno decidiu controlar a distribución das mercancías, asignando a cada
persoa certa cantidad dos productos (como azúcar, arroz, aceite ou pan), que debía
recoller coa Cartilla
de Racionamiento. Acartilla era en realidade un talonario
formado por varios cupóns, na que se hacía constar a cantidad e o tipo de
mercancía. A había de primeira, segunda e terceira categoría, en función do nivel
social, o estado de salude
e o tipo de traballo do cabeza de familia.
Estas cartillas se
establecieron en 1939 e suprimíronse en abril de 1952.
2.- Se
denominou estraperlo, durante a
posguerra española, ao comerzo ilegal (mercado negro) dos artículos intervidos
polo Estado ou suxeitos a racionamiento (decretado polo réximen de Franco dende
1936 ata 1952), recibindo o apelativo de estraperlistas
aos que se dedicaban a tal comerzo.
MANUEL CARDOSO DE LA PIEDAD, O PORTUGUÉS
Manuel Cardoso de la Piedad , foi o primeiro “Cardoso” da comarca de Ferroltera. Era o meu
bisavó.
Naceu no ano 1898 no Norte de
Portugal, en Vila Real, (é
a capital do distrito de Vila Real, localizada no límite da Terra Quente, cerca
da serra do Marão e frente a outra
impoñente serra, a de Alvão,
cuxa altitude máxima é de 1.315
metros . O caserio da vila ocupa un val, ao borde dun
acantilado excavado polos ríos Corgo
e Cabri), fillo de Manuel Cardoso Pinto e María de la Piedad , tiña unha irmá chamada
María. Naceu nunha familia acomodada, non rica, e por iso tivo a posibilidade
de cursar uns estudos máis alá dos elementais daquela época. Era un hombre con inquietudes, ao que lle
gustaba moito a poesía, de feito, escribía algúns poemas, según contáronme,
pero que non se conservan na familia.
Na época
en que o meu bisavó viviu en Vila Real, Portugal era unha República (1), e a
zona era das máis importantes do Norte de Portugal. Foi fundada por
campesiños e pastores, para crear un lugar preto das colleitas onde vivir. No ano 1300, un devastador incendio
a destruiu, e fundouse como cidade no ano1336. A vila crecera deprisa desde o século XVII, pola proximidade dos
campos de cepas o que fixo que os mercaderes se instalasen nela, formando unha
comunidade laboriosa e rica (bodegueiros, fabricantes de barricas que
aproveitaban a abundancia do roble...)., desarrolándose negocios e oficios
relacionados co comercio do viño. Vila Real, que a comezos do XVIII tiña 3.500
habitantes, converteuse en pouco tempo na maior urbe de todo o noreste de
Portugal.
Ao nacer o
meu bisavó nunha gran urbe, facía que tivera unha mentalidade moi aberta para a
época.
Cando tiña 18 anos decidiu meterse no
exército de Portugal, pero ao cabo dun tempo se deu conta que non lle gustaba e
o deixou, e como tiña preparación militar, foi contratado como o que hoxe é un
gardaespaldas ou garda de seguridade dunha familia moi rica, pero como meu
bisavó, según dicen, era moi guapo e agradable, acabou tendo unha relación
sentimental coa dona da casa, e cando o esposo se enterou tivo que escapar de
Portugal. Esto sucedeu no ano1.922.
Na súa fuxida, meu bisavó acabou en
Narón. Cando chegou empezou a traballar como
encargado na vía do tren que lle chamaban do “Norte”, no traxecto de
Ferrol-Xubia (2). Foi entón cando coñeceu a miña bisavoa Avelina Rivera Freire,
nacida en Sedes-Narón, no ano 1897.
A miña bisavoa era leiteira e todos os días traía a leite
a vender a Ferrol, polo que coincidía conmeu bisavó que traballaba no trazado
do tren, enamoraronse, e fóronse a vivir xuntos, aínda que isto non era normal
naquela época, e así o fixeron dende o ano 1924 ata o ano1935, no que se
separaron. En estos anos tiveron
tres fillos, Juan (meu avó eo maior dos tres), Josefa e Manuel.
Tanto o meu bisavó coma
a miña bisavoa, según contaba meu avó, eran persoas bastante diferentes ao
resto, que tiñan as súas propias ideas, e iso traíalle ás veces problemas aos
seus fillos.
Despois de traballar
como encargado na línea do tren, o meu bisavó asociouse con outro señor e
montaron unha empresa de construcción de carreteiras, daquella non había
camións nin hormigoneiras, senón que todo o trabajo o facían cos cabalos,
carros, e de forma manual. Fixeron dous trazados de carreteiras, un era a
carreteria que iba de Castro a El Val, e a outra, na primaveira do ano 1928, foi
a carreteira que dende ocruce del Prior pasando por
la Cova chega
ata a posición de Prior alto, á Batería B3, que está dentro do grupo de costa,
esta batería foi a segunda en artillarse
e albergou dúas pezas de artillería Vickers de 381/45 mm. (3).
No ano 1935 os meus bisavós
separáronse, e Manuel Cardoso durante moitos anos perde o contacto coa familia,
é cuando xa ten máis de sesenta anos cando volve a relacionarse cos seus fillos,
morrendo á idade de 65 anos en Narón.
Para que
entendades máis cousas sobre esta época vouvos explicar as cousas que puxen cun
número entre paréntesis no texto anterior.
1.- Tras unha revolución en
Lisboa, á Monarquía lle sucedeu unha República parlamentaria, que durou de 1910 a 1926. Os republicanos eran unha minoría
urbana nun país rural, e restrinxiron o dereito de voto aos varóns
alfabetizados. Foi un periodo de grande inestabilidade política. Nos
dezaseis anos de duración, sucedéronse nove presidentes e 45 gobernos. O parlamento era o centro do sistema
político e elexía ao presidente da república, que tiña pouco poder para arbitrar
entre as distintas faccións. O sistema de partidos estaba fragmentado e
se sucedían gobernos sen maioría parlamentaria suficiente. Unha facción do Partido
Republicano Portugués, os "Democráticos" de Afonso Costa, converteuse
no centro do sistema político e controlaba a administración e, por medio do
caciquismo, as elecciones. O
resto de faccións republicanas recurriron á insurrección para chegar ao poder,
ao igual que os monárquicos. Houbo numerosas conspiracións e golpes de
estado. O réximen era débil e
as políticas laicas e de control da Igrexa Católica o enfrentaron a esta e á
poboación rural.
Portugal participou na Primeira Guerra Mundial
(1914-1918) e a movilización militar e o colapso do comercio marítimo causaron
numerosos problemas sociais, como a inflación e o desabastecemento. O movemento
obreiro, no cal primaba a organización dos anarco-sindicalistas, tampouco se
sentía representado pola República e foi moi combativo, con numerosas folgas
contra a carestía na que se usaba a violencia política. O golpe de estado de
Sidónio Pais en 1917 quixo crear unha república presidencialista e integrar no
réximen a monárquicos ecatólicos, pero tras o seu asesinato un ano máis tarde e
unha pequena guerra civil en enero-febreiro de 1919, entre Monarquía
yeRepública, se restaurou a constitución de 1911. O sistema perviviu durante
oito anos máis, pero enfrentado a numerosos problemas sociais, golpes e
insurreccións, ata que venceu o golpe militar de 1926 que impuxo unha dictadura.
2.- A idea de construir un ferrocarril entre a
cidade coruñesa de Ferrol e a asturiana de Gijón comenzou a xestarse a finais do
século XIX. Concretamente, no ano 1886, o Congreso dos Diputados aprobou o primeiro
proxecto, cuxa principal finalidade era enlazar os acuertelamentos de
artillería de Ferrol coas fábricas de armas e explosivos de Asturias, a través
da difícil orografía da costa cantábrica. O proxecto foi incluido noPlan
de Ferrocarriles Secundarios de 1888, aínda que as obras tardarían en dar comezo.
En 1906 se aproba a Ley de
Ferrocarriles Estratégicos y Secundarios, onde o proxecto do Ferrol-Gijón volve
a estar incluído como ferrocarril estratéxico e en vía estreita (1 m ).
Sen embargo, debido a
discrepancias sobre a idoneidade do trazado, especialmente nas comarcas
occidentais de Asturias bañadas polo Eo, as obras non dan comezo ata 1921 e é o Estado Español quen faise cargo das mesmas.
3.- Cabo
Prior. O Grupo de costa de Prior. Composto polas Baterías B2 Prior Bajo, B3
Prior Alto e B6 Monte Prior así como dous emplazamentos para proxectores
denominados Prior Norte y Sur. Prior conformou unha das catro posicións
principais xunto con (Campelo, Prioriño y Coruña), levándose a cabo o maior
plan de artillado de costa en España.
Por Real
Decreto o 13 de xuño de 1926, o goberno do xeneral Primo de Rivera aproba o “Plan
de Artillado del Frente Marítimo de las Bases Navales de Ferrol-Coruña,
Cartagena y Mahón”, a posición Galega Ferrol-Coruña se convertiu no maior
sistema artilleiro do mundo entre os años 1933 a 1941.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)











