sábado, 17 de mayo de 2014

A educación galega no futuro


Vouvos contar a historia de Xoán e Pedro dous nenos de 15 anos que encontrábanse no ano 2040 no parque Raíña Sofia de Ferrol e encontran un papel tirado (era un mapa político de Galicia). O recollen e pregúntalle Xoán a Pedro:

- ¿Que será este papel?
- Parece un dibujo – dixo Pedro-

Fíxanse nel e ven que poñe ao pé mapa político de Galicia, entón dille Xoán a Pedro:

- Ah, parece que es un dibujo de Galicia donde vivimos nosotros. ¿Y vendrá Ferrol?

Comezan a buscar e finalmente o descobren. Era a primeira vez que vían un mapa político de Galicia.

Esta historia aínda que pareza esaxerada podería darse se seguimos cos recortes en educación que atopamos na actualidade. E este o futuro de Galicia en educación? Os nosos fillos non saberán nin onde está Ferrol?

Páreceme un tema bastante serio o da educación xa que na actualidade dúdase bastante da intelixencia dos galegos e isto, en gran parte é culpa do goberno, xa que en vez de recortar dos seus bolsillos recortan en sanidade, educación… que son a base da nosa sociedade.

O caso de Xoán e Pedro considero que pode chegar a converterse en real, aínda que pareza surrealista, se non facemos algo por cambiar a situación actual.

Deixando de lado o tema actual da crise en Galicia e dos recortes antes dela tampocou a nosa educación atopábase entre as mellores. Dase maior importancia a “chapar” e saltar todo nun examen do tirón que a realmente aprender algo e moito menos a ter algo de cultura.

O avance tecnolóxico en Galicia no futuro

Como será Galicia no futuro? Xosé vainos contar como é Galicia a nivel tecnolóxico no futuro, con todos os seus avances e os seus cambios.

Era luns pola mañá, o seu robot estábao chamando xa para ir ao traballo, Xosé ergeuse canso e sen moitas gañas, como todos os luns, iso aínda non cambiara en Galicia. O luns, o odioso luns para todas as persoas, ese día en que recordas o fin de semana anterior e queres que volva pero xa fuxiu e só podes mirar cara diante e desexar que os cinco días que faltan pasen rápido.

Xosé saiu á rúa, aínda recorda os seus tempos mozos cando todos dicían que Galicia non tiña futuro, que sempre quedaríase atrás no nivel tecnológixo e que os avances tardarían en chegar. Agora observa todo o seu arredor.
Aínda lembrase como fai 15 anos Galicia comezou a crecer, comezáronse a realizar investigación, traballos e apareceu moita xente comprometida coas novas tecnoloxías, como apareceron os primeiros aparellos creados polos galegos, como Galicia deixou de ser insignificante e converteuse no lugar con máis avances tecnolóxicos a nivel de España.

Xosé saca do seu peito o seu novo aparello o TodoEnUn, trátase dun novo aparello revolucionario de apareciencia similar a un teléfono móvil, o cal tamén contén as chaves da casa, do coche, así como as diversas tarxetas que posee. A xente xa non necesita levar un DNI encima ou pasaporte, este aparello recolle todos os datos personais dunha persoa.

De camiño ao traballo ve pasar os coches que no ano 2040 non empregarán gasolina xa que o petroleo acabouse por esgotar, senón que funcionan todos con electricidade.

Xosé traballa nun cine. Pero o cine de agora non é coma os de entón, tamén apareceron moitos avances neste campo. Agora ti podes ver as películas e a través dun aparello que conéctaste ao brazo sintes as emocións dos personaxes en cada momento, podes sentir o odio, o amor, os celos...

Este novo invento foi creado por un galego 5 anos atrás e revolucionou todo o mundo do cine dende aquel entón.


Quizais esta predición para o futuro de Galicia sexa un pouco surrealista, pero na miña opinión creo que podemos destacar tanto neste campo coma en calquera outro con esforzo e dedicación, xa que os galegos non temos nada que envidiar a outros. Tamén contamos con grandes persoas comprometidas en diversos proxectos que demostran o talento da nosa comunidade.

O TURISMO EN GALICIA

Unha das poucas cousas positivas que vexo no panorama galego é o do turismo que creo que pode ser unha das poucas cousas nas que salgamos a diante.

Nos últimos anos observo que o turismo experimentou un desarrolo importante en Galicia a todos os niveis, así o turismo rural creceu moito e iso é debido á diversificación da oferta turística. O turismo rural axuda á economía rural que nos últimos anos estaba afectada polas medidas de reconversión agraria, tanto a agricultura como a gandeiría están abocadas á práctica desaparición en Galicia creo que debido ás políticas europeas.

O turismo rural permite poñer en alza o patrimonio cultural galego, revitalizando as costumes, as tradicións populares, as festas, a difusión da artesanía e da gastronomía popular, ademais fomenta a preservación e potenciación do medio ambiente natural.

O turismo nas cidades creo que tamén mellorou porque os hoteis modernizáronse e adaptáronse á demanda. Creo que a cidade que máis reclamo de turistas ten é Santiago de Compostela sobre todo porque moitos peregrinos fan o camiño de Santiago e ao chegar a esta cidade permanecen nela varios días para coñecela,etc.

O turismo costeiro tamén evolucionou nos últimos anos e iso é debido principalmente polas marabillosas praias que temos en Galicia, moitas delas contan con bandeira azul, de feito, a comunidade galega é das que máis bandeiras azuis posee a nivel europeo. Nos últimos anos os pobos con praias interveron en mellorar os accesos, a calidade das augas...etc das praias o que non só beneficia o turismo senón que tamén beneficia a todos os habitantes de Galicia.



                                A praia de Esmelle recibiu este ano a bandeira azul

O turismo náutico ten un gran potencial de desenvolvemento en Galicia dadas as boas condicións xeográficas que esta Comunidade presenta para a súa práctica. Así mesmo, esta modalidade turística permite a diversificación e cualificación da oferta turística, estando intimamente ligado ao turismo de calidade e, polo tanto, importante fonte de riqueza. Ademais, dado que o turismo náutico pode ser practicado en calquera época do ano, xoga un notable papel na desestacionalización da oferta turística galega, co que permite a dinamización de certas áreas en retroceso económico tradicionalmente vinculadas co mar.


Por todo iso creo que o sector turístico galego ten un gran futuro.

O crecemento o máis ben decrecemento da poboación en Galicia

Vouvos falar de cómo será Galicia no ano 2040, para comezar explicareivos un pouco a evolución da poboación galega e como será no futuro segundo a miña opinión.

A partir dos anos 80 en Galicia obsérvase unha evolución negativa do crecemento da poboación, de feito as defuncións superan os nacementos.

Isto é preocupante, pois leva consigo o envellecemento da poboación, e que a situación demográfica de Galicia e as previsións de futuro sexan malas. Pois imos ser un país onde os poucos xóvenes que hai terán que emigrar porque non hai traballo.

Teñen futuro os mozos galegos? Porque eles son a Galicia de mañá. Se é que mañá Galicia existe: eu non me atrevería, á vista do páramo demográfico en que vivimos, a profetizarlle un futuro venturoso. Nin sequera un futuro. Deste país que durante séculos exportou brazos e cerebros, só queda unha poboación decrecente e  envellecida. A pirámide inverteuse. O éxodo, impulsado pola crise, continuouse. E os políticos, ensimesmados nas súas ínfimas querelas, nin sequera concordan no diagnóstico.

Os mozos -a Galicia de mañá- integran unha especie en vía de extinción. Ao comezar o 2008 había máis de 715.000 galegos de 15 a 34 anos de idade. Cinco anos despois esfumáranse 118.622. Galicia perdeu o 16,6% da súa xuventude nun lustro. Sesenta e cinco mozos menos cada día. Uns marcharon en busca do pan que o seu país lles nega; outros cumpriron anos, viaxaron á «idade madura» e non foron substituídos. Aqueles, vítimas da nova emigración que o presidente Feijoo se empeña en minimizar. Os segundos, vítimas diferidas da pandemia secular que decimou os campos de Galicia e envelleceu a estrutura demográfica do país. O padrón de habitantes non mente. Só fano os seus intérpretes: teñen bula e están aforados.

Quedan menos novos -o futuro de Galicia achícase- e empeora a situación dos mozos que quedan. E faino en maior medida que no resto de España. Próbao a EPA. Nos últimos cinco anos -cuartos trimestres do 2008 e do 2013-, diminuíu un 39,5% a ocupación dos mozos galegos de 16 a 34 anos (-37,9% en España) e o desemprego creceu un 72,7% (48,2% en España). A taxa de paro, na citada franxa de idade, disparouse en Galicia no último lustro: do 13,5% ao 30,8%.

Combinemos a EPA co padrón para visualizar o panorama desolador. Por cada cen mozos que había no 2008, sesenta tiñan emprego e nove estaban no paro. Os 31 restantes corresponderían á categoría de «inactivos», estudantes sobre todo. Cinco anos máis tarde, e 118.622 mozos menos, só estaban ocupados 43 de cada cen. O número de parados duplicárase: 19 de cada cen. E tamén crecera o número de inactivos: 38 de cada cen.

A xuventude galega extínguese entre unha disxuntiva dramática: ou se ir en busca de traballo, ou vegetar no sofá familiar. E agora, señorías, apéense das siglas e respondan con sinceridade: Ten futuro Galicia?

O ano 1981 foi o último no que Galicia garantiu o seu relevo xeracional -que queda cuberta cunha media de 2,1 fillos por muller- segundo as estatísticas. Na actualidade o crecemento vexetativo e real da comunidade é negativo, un problema non sempre posto de relevo e que deriva en perda de poder económico, de influencia política a nivel estatal e que pode chegar a poñer en xaque o mantemento do sistema de benestar nun futuro.

A pesar de todo este panorama algúns políticos intentan cambiar o noso futuro e que Galicia salga adiante con diversos proxectos como:

"Incentivos económicos serios"

Na súa intervención Beramendi, que analizou os cambios demográficos ao longo da historia, indicou que os problemas de despoboación de Galicia comezaron xa nunha etapa anterior á crise, aínda que sinalou a necesidade imperiosa dun cambio nas políticas económicas e empresariais para poder superar "o inverno demográfico". "Se non se remata co paro xuvenil e co emprego precario dificilmente se poderá atallar esta situación, que de continuar levará a Galicia a unha situación insostible. Non haberá activos abondo para poder garantir as pensións, haberá máis contracción económica e a asistencia sanitaria tal e como a entendemos será inviable", reflexionou.

        O catedrático de Historia indicou que, na súa opinión, sería necesario poñer en marcha uns "incentivos económicos serios" por fillo e mesmo chegou a barallar a posibilidade de 'penalizar' fiscalmente a non paternidade por parte daquelas persoas con idade e condicións económicas, así como poñer en marcha normativas contra a discriminación laboral de mulleres embarazadas.

Reinventar o rural

Pola súa banda, Carlos Ferrás destacou as características específicas de Galicia, como a existencia de máis de 3.800 núcleos parroquiais e 315 concellos. "Dende 1987 entramos en recesión demográfica, pero España non, polo que nós perdemos e ela gaña; perdemos, por exemplo, peso político na repartición de deputados en Madrid", sinalou. "A proxección de cara a 2050 é grave, podemos perder centos de miles habitantes, e ante iso, as contas non saen", explicou.

        Ferrás apostou por un cambio de modelo no rural", que non condene o minifundio pero o reinvente. "Hai que reinventar o medio rural, realzar por exemplo a agricultura ecolóxica e dar paso á enxeñaría comercial, sabemos producir, pero non sabemos vender", reflexionou.

Na miña opinión a Galicia do futuro terá unha poboación moi envellecida e os poucos xóvenes que hai emigrarán, a non ser que fagamos algo por remediar esta situación.