miércoles, 26 de febrero de 2014

D. Juan Diaz Porlier









          D. Juan Diaz Porlier foi o creador do liberalismo coruñés


O xeneral Juan Díaz Porlier, a quen coñeceuse polo alcume de El Marquesito, xa que se dicía que era fillo ilexítimo do Marqués de la Romana.

A tradición liberal coruñesa nace con este xoven militar, xa que foi o protagonista do primeiro levantamento contra o absolutismo monárquico na cidade, que habería de concluir con seu axusticiamiento público.

 Porlier naceu na cidade colombiana de Cartagena de Indias en 1788. Foi fillo natural de Esteban Porlier, cuxa familia tratou de ocultar a relación co seu neno colocando oapellido Díaz antes do seu. 

Cando todavía non era máis que un rapaz, ingresou na Marina e participou na batalla de Trafalgar.

Ao pouco tempo cambiou os barcos pola caballería, arma na que serviu durante a Guerra da Independencia.  Destacou a súa intervencion na acción  contra Sasamón. Según informa Porlier ao seu superior Mendizábal, os franceses  extenderan os seus medios de defensa á praza, formando un apretado cinturón de seguridade en torno á iglexa. Certamente, despois do incendio xeral do pobo no 12 de abril, a guarnición francesa e os afrancesados, encabezados polo párroco Miguel López Calvo, “se atrincheraron en lo más alto del pueblo, en la iglesia y alrededores, para lo cual demolieron muchas casas de piedra”.Por ilo a primeira labor a desenrolar consistiría en desaloxar aos inimigos da praza e arrededores e tomar, despois, se fora posible, a igrexa. E en tanto chegaban todas as forzas dispoñibles, Porlier atacou ao pobo coas compañías de Granaderos e Cazadores de Laredo e do Primeiro [Regimiento] Cántabro. Os inimigos –manifesta no seu escrito- defendéronse na praza  con tesón, pero ao final se lles obrigou a abandoala e retiráronse á igrexa .




                                                             Ruinas da igrexa de Sasamón en 1902 


            O seu valor e a súa pericia militar fixéronlle alcanzar o grao de brigadier con só 21 anos. Porlier mantivo unha intensa relación con A Coruña nesta época, xa que nesta cidade organizou tropas que atacaron aos franceses en diferentes puntos do norte de España.

            Ao concluir la guerra, oimpetuoso militar proclamouse defensor do liberalismo e criticou a abolición da Constitución de Cádiz, o que lle valiu unha condena de catro anos de prisión no castelo coruñés de San Antón.

           En agosto de 1815, Porlier pediu permiso para tomar as augas no balneario de Arteixo e pasou pola casa do seu amigo Andrés Rojo en Pastoriza. Alí decidiu iniciar un pronunciamiento contra o rei Fernando VII, polo que entrou en A Coruña ao fronte dos soldados que debían custodialo e proclamou a Constitución. Porlier recibiu apoio dos coruñeses e os ferroláns, pero enfrentouse ás autoridades composteláns, que organizaron tropas para combatilo. Cando dirigíase contra eles, foi traizoado por algúns dos seus homes, que conduxérono a A Coruña, onde foi xuzgado e condeado a morir na horca. O paladín liberal foi colgado o 3 de outubro na actual plrza de España —entonces Campo de la Horca— onde hoxe unha estatua ríndelle homenaxe. Otorgou testamento en A Coruña, 2 octubre de 1815, no que encargaba a José Miranda que entregase a chave da súa caixa mortuoria, e unha copia do testamento, á súa muller.  O seu nome  convirtiuse nun dos primeiros do martirologio liberal, de profundo arraigo popular. Benito Pérez, en la "Advertencia" al Romancero de Riego, conta como presenciou en Candas o14 de septembro 1819 a gran danza circular, ou prima, na que cincocentos mozos e mozas cantaban o romance triste á muerte de Porlier, obra ao parecer do escribano Ramón Miranda. O arcediano de Gerona Pedro García Diego negou en 1820 que fora el o delator.


 

 

A Revolta Irmandiña



            A Gran Guerra Irmandiña, foi unha revolta social que tivo lugar en Galiza entre 1467 e 1469. Comezou na primaveira do1467, nunha situación de conflito social (fame, epidemias e abuso por parte da nobreza galega) e político (guerra civil en Castela). A Santa Irmandade, surxida e xustificada pola situación, tornouse nuha revolta como reacción a un sentimento acumulado de agravio polos males e danos que o pobo recibía dos nobres das fortalezas.
No 1230, Galicia converteuse nunha posesión dependente da Coroa de Castela. O gran poder do clero e da nobreza  supuxo unha gran molestia para a Coroa. Esta nobreza cometía numerosos abusos que ían dende o patrocinio do bandolerismo señorial ata o incremento desorbitado da presión fiscal. O campesiñado foi a víctima máis acusada dos abusos señoriais e, polo tanto, protagonizou diversas revoltas contra a nobreza. 

A revolta irmandiña foi unha auténtica guerra civil pola participación social que tivo.

Anos consecutivos de malas colleitas e pestes provocaron unha revolta popular. Os irmandiños contarían cuns 80.000 efectivos. Na organización e dirección da guerra irmandiña participaron varios grupos sociais: campesinñs, xente de cudades, baixa nobreza, fidalguía e incluso membros do clero. Os xefes do movemento pertencían a baixa nobreza (fidalgos). O auxe do movemento irmandiño foi posible pola existencia do que o estudoso Carlos Barros chamou «mentalidad xusticiera e antiseñorial» da sociedad galega baixomedieval, que rexeitaba as inxustizas cometidas polos señores, considerados popularmente como uns «malhechores».

Os inimigos dos irmandiños foron fundamentalmente nobres laicos, donos de castelos e fortalezas e encomenderos das principais igrexas e mosteiros. Os irmandiños destruiron aoredor de 130 castelos e fortalezas durante os dous anos da guerra.. Os irmandiños, non atacaron aos eclesiásticos. Nun primer momento, parte da nobreza que sufriu a ira dos irmandiños fuxiu a Portugal ou Castela. No 1469, Pedro Madruga iniciou dende Portugal o ataque feudal, co apoio doutros nobres e das forzas do arzobispo de Santiago de Compostela. As tropas feudais, que contaban counha mellor maquinaria de guerra (as tropas de Pedro Madruga usaban modernos arcabuces), venceron aos irmandiños, arrestando e matando aos seus líderes. A victoria das tropas de Pedro Madruga debeuse en parte ao apoio dos reis de Castela e Portugal, ademais da división das forzas irmandiñas.

            Libros:
  •       Libro. Os irmandiños. A.Carreira. 1992.
  •       Libro. La rebelión irmandiña de 1467. E.Pardo de Guevara.
  •       Libro. La revuelta de los irmandiños. Los gorriones corren tras los halcones. C. Barros.
  •       Libro. La mentalidad justiciera en las revueltas sociales. C. Barros.
  •       Libro. Milenarismo y utopía civil en la revuelta irmandiña. 1467-1469. C. Barros.
  •       Libro. Os irmandiños. D. Cortezón. 2002.
  •       Comic. Os lobos de Moeche. M. Cráneo. 2009.




            Como película temos Galaicus, protagonizada por Luis Tosar






Revolta da Fame na Galiza do primer franquismo: O Saviñao



En 1946, en O Saviñao, municipio da provincia de Lugo, orixinouse un conflito coas características dunha "revolta de fame" propia do Antigo Réxime: campesiñas que se incautan do pan e levan a cabo unha Protesta reactiva (reclaman o dereito revocado, o auto-abastecemento), cun obxetivo específico (conseguir o pan a un prezo xusto), e cunha estructura organizativa, aunque sexa informal (a partir dalgunha autoridad local ou dun consenso de apoio na comunidade). A reaparición desta forma antiga de protesta, pode explicarse polas características do primeiro franquismo: intervencionismo, corrupción e represión.



Trátase dunha das formas de resistencia activa do desafío colectivo directo de determinados sectores do rural galego fronte ao modelo económico intervencionista do primeiro franquismo.

O Saviñao é un municipio meridional da provincia de Lugo, duns 15.000 habitantes en 1946, atopándose entre os máis densamente poboados da provincia e presentaba unha gran dependencia respeto a Monforte, a súa cabeza de partido xudicial e capital comercial.

            Tivo lugar, na primaveira de 1946, unha protesta, cuxas características e natureza permiten encadrala no repertorio tradicional denominado ́revolta da fame´motín de subsistencias típica de condicións políticas e sociais do Antigo Réximen ou da España decimonónica. Neste sentido a Galiza do primeiro franquismo, en vez de evolucionar na historia, retrocedeu. Por outro lado, o ocurrido en O Saviñao pon de manifesto non só unha involución, senón tamén a existencia de accións colectivas de protesta por parte de certos sectores dol campesiñado, ata agora práticamente descoñecidas, xa que a súa ocultación constituía unha das principais preocupacións do réximen franquista.

        O episodio da confrontación do ano 1946 en O Saviñao tivo lugar porque según as autoridades de abastecementos, a gran extensión dedicada ao cultivo de cereal en O Saviñao, debía  cubrir en parte as necesidades da provincia lucense. En 1946, ano de escaseza epésimas colleitas en Lugo, salvo precisamente en áreas algo montañosas como O Saviñao. O concello de O Saviñao mantiña que o centeno que estaba alí cultivado debía destinarse ao autoabastecemento. Foron as mulleres as que o 5 de abril de 1946, congregaronse pacíficamente ante o concello para expoñer as súas necesidades de pan, e expresar o seu desagrado e oposición a que se levasen o gran almacenado en Escairón. Pese a ilo, o día 2 de maio  presentouse no  pobo cun camión de abastecementos o fabricante de fariñas de Pantón (municipio colindante) para levarse a maior parte do gran. As mulleres en número dunhas 150 soliviantadas polo que lles dixo o fabricante, na tarde dese mesmo día, tras avisar a outras das parroquias cercanas, conseguiron formar unha agrupación dunhas 400 a 500 mulleres que, permanecendo nas inmediacións do almacén de gran, obtiveron do alcalde a promesa de que faría xestións para que o centeno non saíse de Escairón. Ao día seguinte, O Picante (o fabricante de fariña) volveu a presentarse, acompañado por 14 gardas civís aol mando dun capitán, que debían protexer a operación de recollida do gran. Novamente as mulleres de Escairón, esta vez cun grupo de nenos, trataron de impedila, ao mesmo tempo que a gritos pedían pan porque tiñan fame e daban voces de ́queremos que nos entreguen ao Picante, que se leva o pan para estraperlar.

         De nada serviu esta actitud, xa que a Gardia Civil procedeu a despexar y alexar da porta do almacén ás mulleres, realizándose seguidamente a carga e o transporte do gran. O informe sobre os sucesos elaborado pola Comisaría de Policía de Lugo, en concreto polos axentes Constantino García Freire e Julio Lage Cid, revela certa sensibilidad cara as xentes de O Saviñao, xustificando o seu proceder debido:`...a la imperiosa necesidad de pan que sienten muchas familias, de las que en Escairón abundan las consideradas como muy necesitadas unas por su numerosos hijos, 10, 12, 14, ... tal la del primer teniente Alcalde con 16 hijos, anciano, con exiguos ingresos, que no alcanzan a adquirir el centeno de estraperlo a los productores a 80 y hasta a 125 pts. los once kilos…´

Sen embargo, no informe emitido o 3 de maio polo secretario Técnico de a Delegación Provincial de Abastecementos e Transportes, acúsase ao alcalde e ao vecindario de adoptar unha ́actitd inxusta e improcedente ao tratar de impedir a saída do centeno, para ser molturado en Pantón y posteriormente enviado ao Concello de Monforte.

O MARECHAL PERO PARDO DE CELA



Se hai un feito histórico onde o mito e a realidade coñecida se distancien tanto, este é o caso do mariscal Pedro Pardo de Cela: a súa morte violenta o converteu no mártir por excelencia da literatura galeguista tradicional, no máximo representante desa nobreza galega que tiña que ter sido e non foi.



O Marechal Pero Pardo de Cela Aguiar e Ribadeneyra naceu en Castro d’Ouro fillo dunha das máis nobres linaxes do Reino de Galicia, os Señores de Cela e de Violante de Aguiar. Intimo amigo dos Condes de Monterrei e de Lemos, casou con Dona Isabel de Castro, filla da Condesa Beatriz e de Don Pedro de Osorio, vencellándose así cos poderosos Condes de Lemos e con outras importantes linaxes do Reino de Galicia.  

O Reino de Galicia encontrábase daquela nunha situación política delicada tras sufrir dúas Guerras Civís Irmandiñas e máis a secesión do sur do Reino, o recente Portugal. Asasinado con veneno o rei Henrique IV, estoupou a guerra sucesoria entre galegos e casteláns, declarando estes raiña a Doña Isabel La Católica, en tanto que Galicia defendía o lexítimo trono da filla de Henrique IV, Dona Xohana A Beltranexa, A Excelente Dona, e seu esposo, o rei Afonso de Portugal.  

Reorganizado o poder político de Castela, os Reis Católicos emprenden a anexión do Reino de Galicia asasinando as principais familias nobres galegas.
 Neste punto difiren os historiadores de cal foi a posición de Don Pero Pardo de Cela, pois uns refiren que declarouse fiel á soberanía do Reino de Galicia e rebelde á submisión ao Reino de Castela e de ahí que  os Reis casteláns enviaran outro exército a Galicia para derrotar a Pardo de Cela, continxente comandado polo capitán basco-francés Mudarra, que eliminou toda a última resistencia que encontrou ao seu paso, como afirma o cronista dos Reis Católicos "que ya parecía crueldad, y era entonces necesaria; y por eso se hacían muchas carnecerias de hombres".  


A loita entre galegos e casteláns mantívose durante 3 longos anos nas terras de Britonia. Pardo de Cela fíxose forte na Provincia de Mondoñedo sen que Mudarra poidera facelo recuar. No resto do Reino de Galicia, a nobreza galega asasinada empezaba a ser substituída por nobreza castelá e os Reis Catolicos dictaban as primeiras medidas da "Doma y Castración del Reyno de Galicia".  

Tras reiterados fracasos militares Mudarra contactou con vasalos do Marechal dubidosos do resultado final da guerra, aos que lles ofreceu un grande tesouro e o perdón pola súa rebeldía. 

Os desleais vasalos abriron logo as portas do castelo de A Frouxeira aos casteláns aproveitando a estancia de Pardo de Cela no castelo de Castro d’Ouro, onde o Marechal estaba a visitar ao leal Señor Pero de Miranda. De volta á Frouxeira o 7 decembro 1483, o exército de Mudarra prendeu por sorpresa no salón do castelo ao Marechal e o seu fillo e máis a Don Pero de Miranda, "con moitos fidalgos onrados que con el estaban", levándoos a Mondoñedo para execución pública exemplar.

Foi executado na Praza da Catedral fronte a unha multitude que esperaba impacente o indulto. Conta a lenda que a cabeza do Marichal foi rodando ata a porta da Catedral mentras gritaba “Credo, Credo, Credo”. Outra versión da leyenda dí que as palabras que gritba a cabez do Mareschal era “Clero, Clero, Clero” protestando pola inxusticia que estes facían levando a cabo a sua execución.

Outros manteñen que  Pardo de Cela non militou no bando da Beltraneja e de Portugal contra Isabel la Católica na guerra de sucesión (1476-1479). Todo o contrario, aliñouse co bando isabelino que encabezaba o arcebispo Fonseca e que abranguía case toda a nobreza galega (aínda que o entusiasmo despregado por estes señores foi ben desigual), de tradición integracionista como sabemos, coa notoria excepción de Pedro Álvarez de Soutomaior que defendeu a opción portuguesa. Así, en 1476, estivo o mariscal "con todos los otros Pardos y Rivadeneyras" no grande cerco a Pedro Madruga en Pontevedra, e, en 1477, participou nunha confederación señorial que sendo isabelina, "guardando servicio del rey e reina nuestros señores", estaba máis ben pensada para resistir a orde real de recrear a “Santa Hermandad”; os intereses de clase estaban por riba de calqueira fidelidade política. A partir de ahí sucédense unha serie de problemas puntuais do mariscal cos oficiais dos Reis Católicos,  que non levan consigo un cambio de bando. Non existe pois noticia documental ningunha do aliñamento, en calqueira momento, de Pardo de Cela con Pedro Madruga e os portugueses durante a guerra de sucesión.

Os enfrontamentos de Pardo de Cela cos oficiais reais  foi o desencadeante do desenlace final,  mortal. Os señores de Galicia gobernaban os seus estados proclamando a lealdade cara un afastado Rei de Castela, a quen lle roubaban polo demais as súas rendas. Cando a raíña Isabel pretende facer máis efectiva a autoridade real en Galicia, restablecendo as irmandades e procurando o sostén das cidades, xorden grandes conflictos de poder, ou sexa, de xurisdicción, entre os enviados dos Reis e cada un dos grandes señores de fortalezas, empezando polos partidarios de Isabel. 

No contexto dunha loita xeneralizada polo poder, entre a nobreza e a monarquía, teñen lugar os incidentes que levaron a Pardo de Cela ó cadalso como o grande cabeza de turco. Quitando o caso de Pedro Madruga, ningún dos nobres que tiveron liortas cos homes do Rei presentaron problemas de disidencia política coa nova monarquía, máis ben ó contrario.