miércoles, 26 de febrero de 2014

A Revolta Irmandiña



            A Gran Guerra Irmandiña, foi unha revolta social que tivo lugar en Galiza entre 1467 e 1469. Comezou na primaveira do1467, nunha situación de conflito social (fame, epidemias e abuso por parte da nobreza galega) e político (guerra civil en Castela). A Santa Irmandade, surxida e xustificada pola situación, tornouse nuha revolta como reacción a un sentimento acumulado de agravio polos males e danos que o pobo recibía dos nobres das fortalezas.
No 1230, Galicia converteuse nunha posesión dependente da Coroa de Castela. O gran poder do clero e da nobreza  supuxo unha gran molestia para a Coroa. Esta nobreza cometía numerosos abusos que ían dende o patrocinio do bandolerismo señorial ata o incremento desorbitado da presión fiscal. O campesiñado foi a víctima máis acusada dos abusos señoriais e, polo tanto, protagonizou diversas revoltas contra a nobreza. 

A revolta irmandiña foi unha auténtica guerra civil pola participación social que tivo.

Anos consecutivos de malas colleitas e pestes provocaron unha revolta popular. Os irmandiños contarían cuns 80.000 efectivos. Na organización e dirección da guerra irmandiña participaron varios grupos sociais: campesinñs, xente de cudades, baixa nobreza, fidalguía e incluso membros do clero. Os xefes do movemento pertencían a baixa nobreza (fidalgos). O auxe do movemento irmandiño foi posible pola existencia do que o estudoso Carlos Barros chamou «mentalidad xusticiera e antiseñorial» da sociedad galega baixomedieval, que rexeitaba as inxustizas cometidas polos señores, considerados popularmente como uns «malhechores».

Os inimigos dos irmandiños foron fundamentalmente nobres laicos, donos de castelos e fortalezas e encomenderos das principais igrexas e mosteiros. Os irmandiños destruiron aoredor de 130 castelos e fortalezas durante os dous anos da guerra.. Os irmandiños, non atacaron aos eclesiásticos. Nun primer momento, parte da nobreza que sufriu a ira dos irmandiños fuxiu a Portugal ou Castela. No 1469, Pedro Madruga iniciou dende Portugal o ataque feudal, co apoio doutros nobres e das forzas do arzobispo de Santiago de Compostela. As tropas feudais, que contaban counha mellor maquinaria de guerra (as tropas de Pedro Madruga usaban modernos arcabuces), venceron aos irmandiños, arrestando e matando aos seus líderes. A victoria das tropas de Pedro Madruga debeuse en parte ao apoio dos reis de Castela e Portugal, ademais da división das forzas irmandiñas.

            Libros:
  •       Libro. Os irmandiños. A.Carreira. 1992.
  •       Libro. La rebelión irmandiña de 1467. E.Pardo de Guevara.
  •       Libro. La revuelta de los irmandiños. Los gorriones corren tras los halcones. C. Barros.
  •       Libro. La mentalidad justiciera en las revueltas sociales. C. Barros.
  •       Libro. Milenarismo y utopía civil en la revuelta irmandiña. 1467-1469. C. Barros.
  •       Libro. Os irmandiños. D. Cortezón. 2002.
  •       Comic. Os lobos de Moeche. M. Cráneo. 2009.




            Como película temos Galaicus, protagonizada por Luis Tosar






No hay comentarios:

Publicar un comentario