miércoles, 26 de febrero de 2014

Revolta da Fame na Galiza do primer franquismo: O Saviñao



En 1946, en O Saviñao, municipio da provincia de Lugo, orixinouse un conflito coas características dunha "revolta de fame" propia do Antigo Réxime: campesiñas que se incautan do pan e levan a cabo unha Protesta reactiva (reclaman o dereito revocado, o auto-abastecemento), cun obxetivo específico (conseguir o pan a un prezo xusto), e cunha estructura organizativa, aunque sexa informal (a partir dalgunha autoridad local ou dun consenso de apoio na comunidade). A reaparición desta forma antiga de protesta, pode explicarse polas características do primeiro franquismo: intervencionismo, corrupción e represión.



Trátase dunha das formas de resistencia activa do desafío colectivo directo de determinados sectores do rural galego fronte ao modelo económico intervencionista do primeiro franquismo.

O Saviñao é un municipio meridional da provincia de Lugo, duns 15.000 habitantes en 1946, atopándose entre os máis densamente poboados da provincia e presentaba unha gran dependencia respeto a Monforte, a súa cabeza de partido xudicial e capital comercial.

            Tivo lugar, na primaveira de 1946, unha protesta, cuxas características e natureza permiten encadrala no repertorio tradicional denominado ́revolta da fame´motín de subsistencias típica de condicións políticas e sociais do Antigo Réximen ou da España decimonónica. Neste sentido a Galiza do primeiro franquismo, en vez de evolucionar na historia, retrocedeu. Por outro lado, o ocurrido en O Saviñao pon de manifesto non só unha involución, senón tamén a existencia de accións colectivas de protesta por parte de certos sectores dol campesiñado, ata agora práticamente descoñecidas, xa que a súa ocultación constituía unha das principais preocupacións do réximen franquista.

        O episodio da confrontación do ano 1946 en O Saviñao tivo lugar porque según as autoridades de abastecementos, a gran extensión dedicada ao cultivo de cereal en O Saviñao, debía  cubrir en parte as necesidades da provincia lucense. En 1946, ano de escaseza epésimas colleitas en Lugo, salvo precisamente en áreas algo montañosas como O Saviñao. O concello de O Saviñao mantiña que o centeno que estaba alí cultivado debía destinarse ao autoabastecemento. Foron as mulleres as que o 5 de abril de 1946, congregaronse pacíficamente ante o concello para expoñer as súas necesidades de pan, e expresar o seu desagrado e oposición a que se levasen o gran almacenado en Escairón. Pese a ilo, o día 2 de maio  presentouse no  pobo cun camión de abastecementos o fabricante de fariñas de Pantón (municipio colindante) para levarse a maior parte do gran. As mulleres en número dunhas 150 soliviantadas polo que lles dixo o fabricante, na tarde dese mesmo día, tras avisar a outras das parroquias cercanas, conseguiron formar unha agrupación dunhas 400 a 500 mulleres que, permanecendo nas inmediacións do almacén de gran, obtiveron do alcalde a promesa de que faría xestións para que o centeno non saíse de Escairón. Ao día seguinte, O Picante (o fabricante de fariña) volveu a presentarse, acompañado por 14 gardas civís aol mando dun capitán, que debían protexer a operación de recollida do gran. Novamente as mulleres de Escairón, esta vez cun grupo de nenos, trataron de impedila, ao mesmo tempo que a gritos pedían pan porque tiñan fame e daban voces de ́queremos que nos entreguen ao Picante, que se leva o pan para estraperlar.

         De nada serviu esta actitud, xa que a Gardia Civil procedeu a despexar y alexar da porta do almacén ás mulleres, realizándose seguidamente a carga e o transporte do gran. O informe sobre os sucesos elaborado pola Comisaría de Policía de Lugo, en concreto polos axentes Constantino García Freire e Julio Lage Cid, revela certa sensibilidad cara as xentes de O Saviñao, xustificando o seu proceder debido:`...a la imperiosa necesidad de pan que sienten muchas familias, de las que en Escairón abundan las consideradas como muy necesitadas unas por su numerosos hijos, 10, 12, 14, ... tal la del primer teniente Alcalde con 16 hijos, anciano, con exiguos ingresos, que no alcanzan a adquirir el centeno de estraperlo a los productores a 80 y hasta a 125 pts. los once kilos…´

Sen embargo, no informe emitido o 3 de maio polo secretario Técnico de a Delegación Provincial de Abastecementos e Transportes, acúsase ao alcalde e ao vecindario de adoptar unha ́actitd inxusta e improcedente ao tratar de impedir a saída do centeno, para ser molturado en Pantón y posteriormente enviado ao Concello de Monforte.

No hay comentarios:

Publicar un comentario