domingo, 24 de noviembre de 2013

Que é Galicia para min?

Galiza é o fogar de todos nós, o lugar que nos gusta e o lugar que vemos tan marabilloso. Aínda que Galiza ten as súas cousas boas, tamén as ten malas como todos os lugares, por iso hai que saber apreciar tanto as vantaxas coma as desvantaxas. Podemos presumir das nosas praias e da nosa gastronomía.


Pero tamén hai outros aspectos malos de Galiza, como a corrupción que está presente tanto aquí como no resto de  España e as empresas que intentan sobreexplotar Galiza e levarse os beneficios a costa de nós.
Aínda con todos estes factores na nosa contra Galiza pode saír adiante se sabemos como utilizar as nosas vantaxas, xa que contamos cun lugar de moita interese cultural como Santiago de Compostela e Santo André de Teixido co seu famoso refrán: "Vai de morto quen non foi de vivo"
Por outra parte, Galiza tamén é lenda é unha Galiza máxica cunha gran cantidade de elementos fantásticos e de personaxes como mouros, serpes, trasnos, lobishomes, meigas, bruxas. . .


Galiza ten cousas únicas e inigualables, historias propias en cada rincón, elementos que a identifican do resto e que fan ver a maxia sempre presente nestes lugares.

sábado, 23 de noviembre de 2013

O tesouro do Castro de Trelle

O outro día fun a Orense cos meus pais, aproveitando para visitar a uns amigos que tíñamos alí e contáronme unha lenda moi interesante que é esta:

No Castro de Trelle, en Toén (Ourense) hai dúas minas, unha de ouro e outra de alcatrán. O que se atopa a mina de ouro faise rico; o que atopa a de alcatrán, se non morre abrasado polo seu lume, será para sempre desgraciado e levará a desgraza aos seus parentes e achegados. Dunha vez un rapaz de Sabucedo, que andaba a gardar o gando, rañou cun coitelo nunha peneda que hai no castro. Así que o fixo, púxoselle diante un xigante moi grandísimo, con ollos de boi, que lle contou que na fonte máis preto da cerca había acubillados unha cabra e máis un cabrito de ouro.
O rapaz, aínda que tomou moito medo, contou no lugar o que lle pasara, e entón foron homes que andaron a medir e viron que a tal fonte era unha que deita nas abas do sur e cavaron alí e non se sabe se atoparon algo ou non. 






 Fumos a explorar ao castro en busca de tesouros, restos antigos ou incluso o xigante da lenda. Ante o noso asombro atopamos as minas das que falaba o conto e decidimos dividirnos en dous grupos, xa que había dúas minas. Meus pais e eu fomos pola mina da dereita, xa que estabamos todos de acordo en coller ese camiño, mentres que os nosos amigos decidiron coller o camiño da esquerda.
Quedamos en volver ao castro nunha hora se non atopáramos ningunha saída dentro da mina.

Púxemonos en marcha e fomos percorrendo todo o traxecto, cando xa estabamos cansos de andar e andar, e estábamos pensado en dar a volta,  atopei algo amarelo no chan que brillaba, eu moi intrigada polo que podía ser, decidín escavar na terra e observei que había moitas desas cousas amarelas, funas recollendo con coidado e meténdoas nunha bolsa, pensado que quizais.. podía ser ouro! Pero non o sabía con claridade xa que dentro da mina apenas case chegaba a luz e non tiñamos linterna.

Tras recoller unha gran cantidades desas cousiñas amarelas decidimos saír e observamos como os nosos amigos xa estaban fora. Preguntámoslles se atoparán algo pero negaron coa cabeza.

Máis tarde acordeime das cousas amarelas que atopara na mina e con moita ansia saqueinas rápido da bolsa e ante o meu asombro atopei que. .  . Non eran máis ca unhas pequenas pedras de cor amarelado e marrón.

Decepcionada volvimos ao castro e seguimos mirando polos arredores pero sen atopar ningún rasto nin da fonte nin do xigante nin nada que tivera que ver coa lenda máxica que os nosos amigos nos contaran.

Santo André de Teixido

Eu o apóstolo André vouvos contar a lenda do Santo André de Teixido e de como aconteceu:

Eu atopábame naquel arredado curruncho, illado e senlleiro, andaba  tristeiro ao ver as grandes peregrinacións que de toda a parte do mundo cristián ían camiño de Compostela para facer oración diante do sartego de Santiago, malia das penalidades que tiñan que sufrir; e, en troques, o meu santuario víase baleiro, malia que tamén facía milagres e sanaba persoas que serían incurables sen a miña axuda protectora.
Percorría os camiños vagarosamente sen andar moi contento debido a que ninguén visitaba o meu santuario.

Un día, no recurso dunha das miñas longas camiñadas, en que ía cavilando na miña pouca sorte, atopeime súpetamente ante o Señor, que viñera á miña terra para ver cómo andaban as cousas, e o Señor ao verme preguntoume:

— Véxote tristeiro, Andrés, qué é o que che acontece?

E  eu respondinlle:

— Señor, ando tristeiro porque vexo que de todo o mundo veñen xentes visitar o teu discípulo Santiago, que está en boa terra e ten bos camiños para chegaren onda él; e sofren e padecen nos longos días das lonxanas romaxes... —e con toda a humildanza, engadín—. Ninguén vén a pé de min , coma se eu non fora tamén o voso discípulo.

O Señor, ollándome con agarimo, díxome entón:

— Dis ben, André, e ti non has ser menos do que Xacobe. De hoxe en diante prométoche que ninguén ha entrar no ceo sen visitar antes o teu santuario, ao menos unha vez na vida; e aquel que non fixera de vivo farao despois de morto.

E así foi, e por iso se di:

A San Andrés de Teixido,
vai de morto o que non vai de vivo.



Aquí deixovos un video para que vexades como é San Andrés de Teixido:


lunes, 18 de noviembre de 2013

Unha lenda máis

Era un día moi soleado, destos días dun calor sofocante, un calor moi extraño en Galicia, xa que non destaca polas súas altas temperaturas, sobre todo a principios de verán, cando aínda o sol non solía quentar moito, pero hoxe era un día especial. Xosé atopábase de camiño ao seu fogar despois de recoller os seus cultivos, dos que sentíase moi orgulloso, xa que era un dos mellores agricultores e as súas leitugas eran a envidia de todos os demais agricultores. Pero antes de volver a casa soía pasar pola dun veciño co que intercambiaba os seus cultivos a cambio dos animais que él cazaba, xa que era un dos mellores cazadores que tiña o castro. Todos os meses un grupo de cazadores ía ao bosque e cazaban animais que daban de comer aos demais membros do poboado durante un mes.

Pero Xosé non so ía visitar ao seu veciño, tamén visitaba a Inés a rapaza da que estaba namorado, e regaláballe parte dos seus cultivos, Xosé vivía so no seu fogar, o seu pai morrera dun ataque dun animal no bosque cando estaba cazando, por esta razón decidiu vivir dos cultivos e non da caza, intentando evitar o mesmo destino que tivera seu pai, a súa nai morrera hai pouco tempo, tras a morte do seu pai non volvera a ser a mesma, a xente di que morreu debido a dor tan profunda que sentía pola morte do seu marido e o desexo de reunirse con él onde quixera que estivese.
Tras a visita a Inés, decidiu volver a casa canso do traballo realizado ao largo do día, xa que recoller todos os cultivos que él plantara con tanto esforzo e dedicación non era cousa doada.
Cociñou un pequeno raposo que intercambiara co veciño e unhas poucas das súas propias patacas e decidiu irse a dormir preto para poder aproveitar o día seguinte e poder facerlle unha visita a Inés, mentres quedábase durmido pensaba algún regalo que lle puidera dar a Inés para que se acordara del.

Pasadas unhas horas, Xosé escoitou uns ruídos proveñentes de fora, pero non lle deu maior importancia e volveu a quedarse durmido rápidamente. Máis tarde os ruídos volvéronse máis forte e sentíronse máis cerca polo que decidiu sair a ver que acontecía. . . Ante o seu asombro observou como un grupo de inimigos estaban invadindo o seu castro, o primeiro que se lle pasou a Xosé pola cabeza foi pensar cómo os inimigos haberían conseguido atravesar as fortes murallas do seu castro, unha fortaleza que consideraban irrompible para calquer inimigo, diseñado estratexicamente enriba dun outeiro para poder ver a chegada dos seus atacantes e prepararse para a loita, pero estaba claro que algo fallara, xa que os inimigos realmente estaban ahí e as súas barreiras non foran o suficientemente poderosas para evitar a invasión. Xosé sintíase confuso, non sabía que facer, debía huir acaso? Loitar polo seu castro? Quedouse parado sen saber que facer, escoitando e observando atento como os inimigos empezaban a destrozar todo, nun instante de lucidez comezou a andar, aínda non había decidido o que faría simplemente deixabase levar polo seu corpo, como se fose outra persoa a que controlaba os seus pasos, a que facía que se escondera ao ver algunha persoa que non lle resultara familiar. . . Sen saber como, Xosé conseguiu saír do castro e adentrarse no bosque. . . de lonxe aínda escoitaba os fortes ruídos. . .

Camiñou e camiñou polo bosque sen saber que facer, a donde ir. . . e finalmente agotado, quedouse durmido nun cruce de camiños.

De repente, un pequeno ruído o esperta e observa a unha procesión fantasmal de difuntos, en dous filas, que ían vestidos con sudarios e descalzados, ao seu paso o olor que desprendían era un forte olor a cera. Encabezando a procesión ía unha persoa que levaba unha cruz e auga bendita. No momento Xosé deuse conta de que se trataba da Santa Compaña, xa que o seu pai de neno contáralle a historia desta procesión de difuntos, entón entendeu que lle quedaba pouco tempo de vida a unha persoa coñecida por él. Ao día seguinte volveu ao castro e atopou á súa namorada morta.




jueves, 17 de octubre de 2013

Traballo a costa de qué?

Devastación. Toxicidade no aire. Desertificación. Biodiversidade destruída. Enfermidades mortais en habitantes. Aumento da incidencia de cancros nun 800%. Envenelamento.

Todas estas cousas soan moi afastadas da nosa realidade, coma se non foran a pasar preto de nós, coma se estiveran noutro punto do universo, esos lugares que ves na televisión e que parecen moi distantes.
Pois estas palabras cos seus significados non están tan afastadas de nós como parece, de feito están moi preto. 

Empresas canadienses pretenden crear minas para explotar os materiais preciosos como o ouro en diversos lugares de Galicia como Corcoesto (A Coruña) e entorno ao Parque Natural de As Fragas do Eume. A construcción destas minas xeraría empleos, que en tempos de crisis, a poboación estaría agradecida desta oportunidade para conseguir traballo, pero a costa de qué? Nuns anos as empresas marcharían e a xente volvería a quedarse sen traballo, xa que isto é soamente temporal. Merece a pena a explotación de Galicia, a xeración de 4.000 toneladas de residuos, de toxinas resultantes da explotación que acabarán envelenando a agua, os cultivos e aos habitantes todo por uns centos de empleos e os enormes beneficios que conseguirán as empresas extranxeiras?

A corrupción volve a estar presente no panorama galego, a Xunta pretendía aceptar este proxecto sabendo todas as consecuencias, grazas a recollida de firmas e a oposición en masa de centos de persoas pudiuse frear a catástrofe medioambiental que pretendían provocar en Corcoesto.
A xunta explicou que: «el proyecto minero no cumple con los requerimientos técnicos y económicos necesarios para asegurar la viabilidad y la solvencia del proyecto».

Aquí podedes ver un vídeo onde explican os efectos negativos da creación destas minas: