sábado, 23 de noviembre de 2013

O tesouro do Castro de Trelle

O outro día fun a Orense cos meus pais, aproveitando para visitar a uns amigos que tíñamos alí e contáronme unha lenda moi interesante que é esta:

No Castro de Trelle, en Toén (Ourense) hai dúas minas, unha de ouro e outra de alcatrán. O que se atopa a mina de ouro faise rico; o que atopa a de alcatrán, se non morre abrasado polo seu lume, será para sempre desgraciado e levará a desgraza aos seus parentes e achegados. Dunha vez un rapaz de Sabucedo, que andaba a gardar o gando, rañou cun coitelo nunha peneda que hai no castro. Así que o fixo, púxoselle diante un xigante moi grandísimo, con ollos de boi, que lle contou que na fonte máis preto da cerca había acubillados unha cabra e máis un cabrito de ouro.
O rapaz, aínda que tomou moito medo, contou no lugar o que lle pasara, e entón foron homes que andaron a medir e viron que a tal fonte era unha que deita nas abas do sur e cavaron alí e non se sabe se atoparon algo ou non. 






 Fumos a explorar ao castro en busca de tesouros, restos antigos ou incluso o xigante da lenda. Ante o noso asombro atopamos as minas das que falaba o conto e decidimos dividirnos en dous grupos, xa que había dúas minas. Meus pais e eu fomos pola mina da dereita, xa que estabamos todos de acordo en coller ese camiño, mentres que os nosos amigos decidiron coller o camiño da esquerda.
Quedamos en volver ao castro nunha hora se non atopáramos ningunha saída dentro da mina.

Púxemonos en marcha e fomos percorrendo todo o traxecto, cando xa estabamos cansos de andar e andar, e estábamos pensado en dar a volta,  atopei algo amarelo no chan que brillaba, eu moi intrigada polo que podía ser, decidín escavar na terra e observei que había moitas desas cousas amarelas, funas recollendo con coidado e meténdoas nunha bolsa, pensado que quizais.. podía ser ouro! Pero non o sabía con claridade xa que dentro da mina apenas case chegaba a luz e non tiñamos linterna.

Tras recoller unha gran cantidades desas cousiñas amarelas decidimos saír e observamos como os nosos amigos xa estaban fora. Preguntámoslles se atoparán algo pero negaron coa cabeza.

Máis tarde acordeime das cousas amarelas que atopara na mina e con moita ansia saqueinas rápido da bolsa e ante o meu asombro atopei que. .  . Non eran máis ca unhas pequenas pedras de cor amarelado e marrón.

Decepcionada volvimos ao castro e seguimos mirando polos arredores pero sen atopar ningún rasto nin da fonte nin do xigante nin nada que tivera que ver coa lenda máxica que os nosos amigos nos contaran.

No hay comentarios:

Publicar un comentario