miércoles, 26 de febrero de 2014

O MARECHAL PERO PARDO DE CELA



Se hai un feito histórico onde o mito e a realidade coñecida se distancien tanto, este é o caso do mariscal Pedro Pardo de Cela: a súa morte violenta o converteu no mártir por excelencia da literatura galeguista tradicional, no máximo representante desa nobreza galega que tiña que ter sido e non foi.



O Marechal Pero Pardo de Cela Aguiar e Ribadeneyra naceu en Castro d’Ouro fillo dunha das máis nobres linaxes do Reino de Galicia, os Señores de Cela e de Violante de Aguiar. Intimo amigo dos Condes de Monterrei e de Lemos, casou con Dona Isabel de Castro, filla da Condesa Beatriz e de Don Pedro de Osorio, vencellándose así cos poderosos Condes de Lemos e con outras importantes linaxes do Reino de Galicia.  

O Reino de Galicia encontrábase daquela nunha situación política delicada tras sufrir dúas Guerras Civís Irmandiñas e máis a secesión do sur do Reino, o recente Portugal. Asasinado con veneno o rei Henrique IV, estoupou a guerra sucesoria entre galegos e casteláns, declarando estes raiña a Doña Isabel La Católica, en tanto que Galicia defendía o lexítimo trono da filla de Henrique IV, Dona Xohana A Beltranexa, A Excelente Dona, e seu esposo, o rei Afonso de Portugal.  

Reorganizado o poder político de Castela, os Reis Católicos emprenden a anexión do Reino de Galicia asasinando as principais familias nobres galegas.
 Neste punto difiren os historiadores de cal foi a posición de Don Pero Pardo de Cela, pois uns refiren que declarouse fiel á soberanía do Reino de Galicia e rebelde á submisión ao Reino de Castela e de ahí que  os Reis casteláns enviaran outro exército a Galicia para derrotar a Pardo de Cela, continxente comandado polo capitán basco-francés Mudarra, que eliminou toda a última resistencia que encontrou ao seu paso, como afirma o cronista dos Reis Católicos "que ya parecía crueldad, y era entonces necesaria; y por eso se hacían muchas carnecerias de hombres".  


A loita entre galegos e casteláns mantívose durante 3 longos anos nas terras de Britonia. Pardo de Cela fíxose forte na Provincia de Mondoñedo sen que Mudarra poidera facelo recuar. No resto do Reino de Galicia, a nobreza galega asasinada empezaba a ser substituída por nobreza castelá e os Reis Catolicos dictaban as primeiras medidas da "Doma y Castración del Reyno de Galicia".  

Tras reiterados fracasos militares Mudarra contactou con vasalos do Marechal dubidosos do resultado final da guerra, aos que lles ofreceu un grande tesouro e o perdón pola súa rebeldía. 

Os desleais vasalos abriron logo as portas do castelo de A Frouxeira aos casteláns aproveitando a estancia de Pardo de Cela no castelo de Castro d’Ouro, onde o Marechal estaba a visitar ao leal Señor Pero de Miranda. De volta á Frouxeira o 7 decembro 1483, o exército de Mudarra prendeu por sorpresa no salón do castelo ao Marechal e o seu fillo e máis a Don Pero de Miranda, "con moitos fidalgos onrados que con el estaban", levándoos a Mondoñedo para execución pública exemplar.

Foi executado na Praza da Catedral fronte a unha multitude que esperaba impacente o indulto. Conta a lenda que a cabeza do Marichal foi rodando ata a porta da Catedral mentras gritaba “Credo, Credo, Credo”. Outra versión da leyenda dí que as palabras que gritba a cabez do Mareschal era “Clero, Clero, Clero” protestando pola inxusticia que estes facían levando a cabo a sua execución.

Outros manteñen que  Pardo de Cela non militou no bando da Beltraneja e de Portugal contra Isabel la Católica na guerra de sucesión (1476-1479). Todo o contrario, aliñouse co bando isabelino que encabezaba o arcebispo Fonseca e que abranguía case toda a nobreza galega (aínda que o entusiasmo despregado por estes señores foi ben desigual), de tradición integracionista como sabemos, coa notoria excepción de Pedro Álvarez de Soutomaior que defendeu a opción portuguesa. Así, en 1476, estivo o mariscal "con todos los otros Pardos y Rivadeneyras" no grande cerco a Pedro Madruga en Pontevedra, e, en 1477, participou nunha confederación señorial que sendo isabelina, "guardando servicio del rey e reina nuestros señores", estaba máis ben pensada para resistir a orde real de recrear a “Santa Hermandad”; os intereses de clase estaban por riba de calqueira fidelidade política. A partir de ahí sucédense unha serie de problemas puntuais do mariscal cos oficiais dos Reis Católicos,  que non levan consigo un cambio de bando. Non existe pois noticia documental ningunha do aliñamento, en calqueira momento, de Pardo de Cela con Pedro Madruga e os portugueses durante a guerra de sucesión.

Os enfrontamentos de Pardo de Cela cos oficiais reais  foi o desencadeante do desenlace final,  mortal. Os señores de Galicia gobernaban os seus estados proclamando a lealdade cara un afastado Rei de Castela, a quen lle roubaban polo demais as súas rendas. Cando a raíña Isabel pretende facer máis efectiva a autoridade real en Galicia, restablecendo as irmandades e procurando o sostén das cidades, xorden grandes conflictos de poder, ou sexa, de xurisdicción, entre os enviados dos Reis e cada un dos grandes señores de fortalezas, empezando polos partidarios de Isabel. 

No contexto dunha loita xeneralizada polo poder, entre a nobreza e a monarquía, teñen lugar os incidentes que levaron a Pardo de Cela ó cadalso como o grande cabeza de turco. Quitando o caso de Pedro Madruga, ningún dos nobres que tiveron liortas cos homes do Rei presentaron problemas de disidencia política coa nova monarquía, máis ben ó contrario.


No hay comentarios:

Publicar un comentario