sábado, 17 de mayo de 2014

O TURISMO EN GALICIA

Unha das poucas cousas positivas que vexo no panorama galego é o do turismo que creo que pode ser unha das poucas cousas nas que salgamos a diante.

Nos últimos anos observo que o turismo experimentou un desarrolo importante en Galicia a todos os niveis, así o turismo rural creceu moito e iso é debido á diversificación da oferta turística. O turismo rural axuda á economía rural que nos últimos anos estaba afectada polas medidas de reconversión agraria, tanto a agricultura como a gandeiría están abocadas á práctica desaparición en Galicia creo que debido ás políticas europeas.

O turismo rural permite poñer en alza o patrimonio cultural galego, revitalizando as costumes, as tradicións populares, as festas, a difusión da artesanía e da gastronomía popular, ademais fomenta a preservación e potenciación do medio ambiente natural.

O turismo nas cidades creo que tamén mellorou porque os hoteis modernizáronse e adaptáronse á demanda. Creo que a cidade que máis reclamo de turistas ten é Santiago de Compostela sobre todo porque moitos peregrinos fan o camiño de Santiago e ao chegar a esta cidade permanecen nela varios días para coñecela,etc.

O turismo costeiro tamén evolucionou nos últimos anos e iso é debido principalmente polas marabillosas praias que temos en Galicia, moitas delas contan con bandeira azul, de feito, a comunidade galega é das que máis bandeiras azuis posee a nivel europeo. Nos últimos anos os pobos con praias interveron en mellorar os accesos, a calidade das augas...etc das praias o que non só beneficia o turismo senón que tamén beneficia a todos os habitantes de Galicia.



                                A praia de Esmelle recibiu este ano a bandeira azul

O turismo náutico ten un gran potencial de desenvolvemento en Galicia dadas as boas condicións xeográficas que esta Comunidade presenta para a súa práctica. Así mesmo, esta modalidade turística permite a diversificación e cualificación da oferta turística, estando intimamente ligado ao turismo de calidade e, polo tanto, importante fonte de riqueza. Ademais, dado que o turismo náutico pode ser practicado en calquera época do ano, xoga un notable papel na desestacionalización da oferta turística galega, co que permite a dinamización de certas áreas en retroceso económico tradicionalmente vinculadas co mar.


Por todo iso creo que o sector turístico galego ten un gran futuro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario