lunes, 21 de abril de 2014

A animación nos Premios Goya

   A animación galega está en auxe, e así podémolo ver nos premios Goya dos últimos anos, en que tanto guionistas coma films galegos optaron a premios e nominacións, vos vou poñer algúns exemplos:

-“O Apostolo”, é un filme compostelán, do ano 2012, dirixido e guionista Fernando Cortizo, Música de Xavier Font e Arturo Vaquero, é unha película de animación que narra a historia dun preso fuxido dá carcel que intenta recuperar ou botín que escondeu unhos anos antes nunha aldea. Na aldea lle suceden estraños sucesos, desaparicións, aparicións de espíritos, etc.. e unha historia de terror, humor e fantasía. Conta coas voces de Luis Tosar, Geraldine Chaplin. Manuel Manquiña e Jorge Sanz entre outros.
Este filme conseguiu o premio do público no festival de Annecy no 2013, e foi nomeada a mellor película de animación, nos premios Goya do 2012 e non Festival de Sitges. 


-“O Xigante”, é unha coprodución da ferrolana Abano Produccións e a proturguesa Pilot Design. Competiu por conseguir unha figura dos Goya nos premios de 2014, á mellor Curtametraxe de Animación Española. A fita está dirixida polos lusos LuisMatta e Xulio Vanzeler. Trátase dunha road movie, que dura dez minuta e aborda o tema da paternidade. E unha metáfora sobre ou crecemento e a preparación para a vida que ou noso pai Xigante mostra á súa Nena a travésxanela do corazón.


O Xigante  protagonista vai pola ría de Ferrol. 
O Film inclúe un tema de María Manuela e do seu fillo Xurxo.

- O filme "Engurras", conseguiu os Goyas á Mellor Película de Animación e ao mellor Guión Adaptado.

Esta fita competía con 'Elephant in the Black Box', 'Carthago Nova' e 'Papá, son unha zombi'. 'Arrugas', coproducida pola Televisión de Galicia, é a primeira fita de animación que consegue dúas nominacións nos premios Goya. Así mesmo, a produción tamén foi preseleccionada para os Óscar.

      O filme é unha adaptación do cómic 'Engurras' asinado por Paco Roca e gañador en 2008 do Premio Nacional do Cómic. A historia pretende mostrar o día a día dunha residencia de anciáns e a soidade e os problemas que carrexa a vellez. Emilio e Miguel, dous anciáns recluídos nun xeriátrico fanse amigos. Emilio, que padece un principio de Alzheimer, conta inmediatamente coa axuda de Miguel e outros compañeiros que tratarán de evitar que vaia parar á planta dos desafiuzados. O seu disparatado plan tingue de humor e tenrura o tedioso día a día da residencia, pois para eles acaba de empezar unha nova vida.



    - O soldadiño de chumbo, é un corto de animación, que realizouse en plastilina, está baseada no conto infantil de Hans Christian Andersen e recrea a loita dun soldado de chumbo pola súa amada a mediados do século XIX. E unha versión "galleguizada", no que os personaxes tradicionais cobran vida nun mariñeiro, unha castiñeira, un malvado cigarrón e unha peladora de patacas.
      O soldadiño de chumbo, é unha curtametraxe producida por Continental Animación e Algarabía e dirixida por Virginia Curiá e Tomás Conde, recolleu sendos premios nos festivais Rec 09 (Ribadedeva en Corto), celebrado na localidade asturiana de Llanes e no Festival Pata Negra que tivo lugar en Guijuelo (Madrid). Así mesmo, a curtametraxe vén de estar seleccionada no importante festival internacional de stop motion 2009 Montreal Stop-Motion Film Festival.
       Ademais destes dous recoñecementos O Soldadiño de Chumbo vén de ser seleccionada no importante festival internacional Stop-Motion Film Festival de Montreal. E participo una XXIV edición dos premios Goya.

     A curtametraxe, que conta coas voces de Luis Piedrahita e Manuel Manquiña, e coa composición musical de Emilio Aragón, continúa así a súa andadura por festivais tanto estatais como internacionais.



- Javier López Barreira, guionista galego, foi co-guionista no cómic "Tadeo Jones e o segredo de Toactlum", o que lle permitiu dar o salto ao cine ao co-escribir a curtametraxe "Tadeo Jones e o soto maldito" (premio Goya 2008 á mellor curtametraxe de animación). Foi tamén co-guionista de "As aventuras de Tadeo Jones" polo que recibiu no ano 2013 o Goya ao mellor guión adaptado. En televisión, foi coordinador de guións da serie "Os Pataca", e guionista de "7 Pets" e "Pratos Combinados". Para Disney Channel España. Realizou máis de oitenta traballos (interstticials, promos e dients), algúns dos cales se emitiron en diferentes países do mundo.




No hay comentarios:

Publicar un comentario