lunes, 21 de abril de 2014

Mínimo Común Múltiplo

            É un curto dirixido por Rubén Coca (Ferrol, 1977).

      A curtometraxe foi rodada integramente en Ferrol, e en parte, na Compañía de María de Ferrol, no ano 2008, cando eu estudaba alí, de feito a nosa clase foi elixida para participar na rodaxe, faciamos de extras.
A fita está protagonizada pola actriz viguesa Marta Larralde (actuou en películas como León e Esquecemento, Lena ou Días Azuis), e por vos actores Alex Neira, Lourdes Sanmartin, Xoel Fernández e Tomás Romeros.


      A curtometraxe trata duhna historia de amor, pero con suspense. A curtametraxe narra a historia de Andrea (Marta Larralde), unha moza de 30 anos que vive instalada nunha rutina laboral e sentimental que se esnaquizará non momento máis insospeitado. En palabras do seu director "é unha película de recordos da nenez e de encontro coas amizades infantís perdidas co paso do tempo envolto todo nunha atmosfera de misterio e de suspense".


        Vouvos contar algo sobre Rubén Coca, naceu en Ferrol, é licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade Complutense de Madrid. Aos 21 anos escribe e dirixe a súa primeira curtametraxe, La vida mata (1999), seguido del froito do tedio (2000). Despois virían Aquí non hai praia (2001) con Amparo Val e Saturnino García, e NotamotoF (2004), protagonizado por Ruth Núñez, Jaime Martín e José Lifante. NotamotoF é a súa primeira curtametraxe de xénero fantástico, curtametraxe con gran difusión a nivel internacional, con presenza en máis de 50 festivais de cine e proxectado de forma regular en carteleira en cines en Alemaña durante máis de 2 anos.

Entre 2002 e 2005 foi director da sección cinematográfica da revista de arquitectura e cine Postboks, desempeñando nestes anos diferentes traballos como realizador e guionista en TVE, Canle 9 e TVG. En 2005 empeza a traballar como director creativo da produtora Nezcom, levando a cabo numerosos traballos de dirección e realización publicitaria, videoclips e de ficción, entre os que destaca a campaña de lanzamento e imaxe do documental 2050. How soon is now?, Premio Mestre Mateo 2006 a Mellor Documental pola Academia Galega do Audiovisual.

      En 2007 recibe a súa primeira nominación aos Premios Mestre Mateo por Ecos/Echoes (2007) a Mellor Obra Experimental, ao cal lle sucederían La princesa Alegría (2008), Premio Mestre Mateo a Mellor Curtametraxe de Ficción, e Mínimo Común Múltiplo (2008), nomeado a Mellor Curtametraxe de Ficción ese mesmo ano nos premios do audovisual galego.

En 2009 produce a súa primeira curtametraxe de animación, La nena que tiña unha soa orella (2009), dirixido por Alvaro León, baseado nun conto de Lucía Etxebarría con ilustracións de Víctor Coyote. Con esta curtametraxe volve estar nominado aos Premios Mestre Mateo, neste caso a Mellor Curtametraxe de Animación, recollendo máis de 15 premios nacionais e internacionais e estando presente en máis de 70 festivais por todo o mundo.

En 2010 co-produce xunto a Carlos Alberto Alonso o documental Roger de Flor: Naturalidade Silvestre (2010) nomeado a Mellor Longametraxe Documental pola Academia Galega do Audiovisual.

Dende 2007 compaxina a dirección e produción audiovisual coa xestión e dirección de eventos culturais e cinematográficos como Ferrol de Cine: Primavera, Outono e Inverno de Cine. Cine Dúplex (2008-2011). Dende 2010 é xestor e director de programación da sala de concertos Sala Super 8 de Ferrol.

Tamén fundou unha asociación cultural denominada Axente Cultural, xunto a outros dous ferrolanos exiliados en Santiago de Compostela: o guionista Pablo Portera e o deseñador gráfico e ilustrador Mauro Trastoy, entres os seus proxectos, a entidade quere poñer en marcha un novo festival de cine, ademais de democratizar a formación audiovisual. Que quero dicir con isto? Pois nin máis nin que menos que facer posible que calquera persoa poida familiarizarse coa linguaxe audiovisual ou a escritura dun guión sen necesidade de acudir a unha escola ou facultade universitaria.

       A película coa que conseguiu máis premios internacionais é con "a nena que tiña unha soa orella".


No hay comentarios:

Publicar un comentario