domingo, 12 de enero de 2014

A MIÑA TATARAVOA CARMEN FERNÁNDEZ

A comezos do século XX (sobre 1910-12) emigrou a Cuba deixando a tres fillos ao coidado do seu marido Domingo, foi ela únicamente a que emigrou a Cuba para poder mandarlles o diñeiro que tanto necesitaban naquela época. Cuba foi colonia española ata 1898 (1). Cando miña tataravoa estivo alí, era unha república que se iniciou en 1902.

            Domingo                                                                         Carmen


Eles vivían en Cabana (Palas de Rey, en Lugo). O ano que podía, volvía para ver á súa familia, e logo volvíase a ir para traballar en Cuba.

En Cuba traballaba coidando a uns nenos nunha mansión de xente acomodada en Cuba. Antes de emigrar  a Cuba xa tiña concertado ese traballo.

Ela botou moitos anos en Cuba, incluso non puido asistir á voda da súa filla Carmen a cal casouse en 1921 con Vicente, xa que este acababa de finalizar o servizo militar.

Estando alí traballando a miña  tataravoa faleceu o seu esposo Domingo, facéndose cargo a súa filla Carmen do coidado dos seus fillos  Manuel e José.



                                                          A súa filla Carmen


Pasados os anos os nenos creceron e algún como Manuel conseguiron cargos importantes, xa que él chegou a ser alcalde de Ulloa durante 40 anos.

A miña tataravoa volveu  definitivamente a España en 1942 conviviu na súa antiga casa de A Cabana coa súa sobriña.

Finalmente faleceu  en 1944.  Tras pasar  algunhas estanzas na casa da súa filla Carmen en Santiago cando xa estaba moi deteriorada.

-----------------

1.- O 27 de octubre de 1492 chegaron ás costas cubanas pola zona de Bariay, L Pinta, La Niña e a Santa María, as tres primeiras naves europeas baixo o mando de Cristóbal Colón, quen desembarcou ao siguinte día. Colón denominou inicialmente á recén descuberta Isla de Cuba como Isla Juana en deferencia ao Príncipe Juan, que era o herdeiro da coroa. Colón pensaba que chegara ás Indias orientais e non se imaxinaba que detrás desta pequena illla, se encontraba un continente xigantesco, descoñecido para o mundo europeo. Según describen as Cartas de Indias, unha vez que Colón pisou solo cubano, se arrodillou na area e coa cabeza inclinada cara arriba exclamou: «Ésta es la tierra más hermosa que ojos humanos hayan visto jamás».
Desde entón ata 1898 Cuba foi unha colonia española.

A Guerra de Independencia de Cuba é o nombre co que se coñece á última guerra pola independencia dos cubanos contra odominio español e se trata dunha das últimas guerras americanas contra o Reino de España. Aguerra se iniciou o 24 de febreiro de 1895 nun levantamento simultáneo de 35 localidades cubanas, no Grito de Oriente e rematou en 1898 coa rendición do exército colonial español ante o avance militar estadounidense, coa asistencia e o apoio dos mambises (membros do exército independentista cubano) na coñecida xeneralmente como Guerra hispano-estadounidense.

No hay comentarios:

Publicar un comentario