domingo, 12 de enero de 2014

MANUEL CARDOSO DE LA PIEDAD, O PORTUGUÉS

Manuel Cardoso de la Piedad, foi o primeiro  “Cardoso” da comarca de Ferroltera. Era o meu bisavó.

            Naceu no ano 1898 no Norte de Portugal, en Vila Real, (é a capital do distrito de Vila Real, localizada no límite da Terra Quente, cerca da serra do Marão e frente a outra impoñente serra, a de Alvão, cuxa altitude máxima é de 1.315 metros. O caserio da vila ocupa un val, ao borde dun acantilado excavado polos ríos Corgo e Cabri), fillo de Manuel Cardoso  Pinto e María de la Piedad, tiña unha irmá chamada María. Naceu nunha familia acomodada, non rica, e por iso tivo a posibilidade de cursar uns estudos máis alá dos elementais daquela época. Era un hombre con inquietudes, ao que lle gustaba moito a poesía, de feito, escribía algúns poemas, según contáronme, pero que non se conservan na familia.


                                                         Praza Maior de Vila Real

            Na época en que o meu bisavó viviu en Vila Real, Portugal era unha República (1), e a zona era das máis importantes do Norte de Portugal. Foi fundada por campesiños e pastores, para crear un lugar preto das colleitas onde vivir. No ano 1300, un devastador incendio a destruiu, e fundouse como cidade no ano1336. A vila crecera deprisa desde o século XVII, pola proximidade dos campos de cepas o que fixo que os mercaderes se instalasen nela, formando unha comunidade laboriosa e rica (bodegueiros, fabricantes de barricas que aproveitaban a abundancia do roble...)., desarrolándose negocios e oficios relacionados co comercio do viño. Vila Real, que a comezos do XVIII tiña 3.500 habitantes, converteuse en pouco tempo na maior urbe de todo o noreste de Portugal.
Ao nacer o meu bisavó nunha gran urbe, facía que tivera unha mentalidade moi aberta para a época.

            Cando tiña 18 anos decidiu meterse no exército de Portugal, pero ao cabo dun tempo se deu conta que non lle gustaba e o deixou, e como tiña preparación militar, foi contratado como o que hoxe é un gardaespaldas ou garda de seguridade dunha familia moi rica, pero como meu bisavó, según dicen, era moi guapo e agradable, acabou tendo unha relación sentimental coa dona da casa, e cando o esposo se enterou tivo que escapar de Portugal. Esto sucedeu no ano1.922.

            Na súa fuxida, meu bisavó acabou en Narón.  Cando chegou empezou a traballar  como  encargado na vía do tren que lle chamaban do “Norte”, no traxecto de Ferrol-Xubia (2). Foi entón cando coñeceu a miña bisavoa Avelina Rivera Freire, nacida en Sedes-Narón, no ano 1897. A miña bisavoa era leiteira e todos os días traía a leite a vender a Ferrol, polo que coincidía conmeu bisavó que traballaba no trazado do tren, enamoraronse, e fóronse a vivir xuntos, aínda que isto non era normal naquela época, e así o fixeron dende o ano 1924 ata o ano1935, no que se separaron. En estos anos tiveron tres fillos, Juan (meu avó eo maior dos tres), Josefa e Manuel.

            Tanto o meu bisavó coma a miña bisavoa, según contaba meu avó, eran persoas bastante diferentes ao resto, que tiñan as súas propias ideas, e iso traíalle ás veces problemas aos seus fillos.

            Despois de traballar como encargado na línea do tren, o meu bisavó asociouse con outro señor e montaron unha empresa de construcción de carreteiras, daquella non había camións nin hormigoneiras, senón que todo o trabajo o facían cos cabalos, carros, e de forma manual. Fixeron dous trazados de carreteiras, un era a carreteria que iba de Castro a El Val, e a outra, na primaveira do ano 1928, foi a carreteira que dende ocruce del Prior pasando por la Cova chega ata a posición de Prior alto, á Batería B3, que está dentro do grupo de costa, esta batería  foi a segunda en artillarse e albergou dúas pezas de artillería Vickers de 381/45 mm. (3).

            No ano 1935 os meus bisavós separáronse, e Manuel Cardoso durante moitos anos perde o contacto coa familia, é cuando xa ten máis de sesenta anos cando volve a relacionarse cos seus fillos,  morrendo á idade de 65 anos en Narón.



Para que entendades máis cousas sobre esta época vouvos explicar as cousas que puxen cun número entre paréntesis no texto anterior.
1.- Tras unha revolución en Lisboa, á Monarquía lle sucedeu unha República parlamentaria, que durou de 1910 a 1926. Os republicanos eran unha minoría urbana nun país rural, e restrinxiron o dereito de voto aos varóns alfabetizados. Foi un periodo de grande inestabilidade política. Nos dezaseis anos de duración, sucedéronse nove presidentes e 45 gobernos. O parlamento era o centro do sistema político e elexía ao presidente da república, que tiña pouco poder para arbitrar entre as distintas faccións. O sistema de partidos estaba fragmentado e se sucedían gobernos sen maioría parlamentaria suficiente. Unha facción do Partido Republicano Portugués, os "Democráticos" de Afonso Costa, converteuse no centro do sistema político e controlaba a administración e, por medio do caciquismo, as elecciones. O resto de faccións republicanas recurriron á insurrección para chegar ao poder, ao igual que os monárquicos. Houbo numerosas conspiracións e golpes de estado. O réximen era débil e as políticas laicas e de control da Igrexa Católica o enfrentaron a esta e á poboación rural.
Portugal participou na Primeira Guerra Mundial (1914-1918) e a movilización militar e o colapso do comercio marítimo causaron numerosos problemas sociais, como a inflación e o desabastecemento. O movemento obreiro, no cal primaba a organización dos anarco-sindicalistas, tampouco se sentía representado pola República e foi moi combativo, con numerosas folgas contra a carestía na que se usaba a violencia política. O golpe de estado de Sidónio Pais en 1917 quixo crear unha república presidencialista e integrar no réximen a monárquicos ecatólicos, pero tras o seu asesinato un ano máis tarde e unha pequena guerra civil en enero-febreiro de 1919, entre Monarquía yeRepública, se restaurou a constitución de 1911. O sistema perviviu durante oito anos máis, pero enfrentado a numerosos problemas sociais, golpes e insurreccións, ata que venceu o golpe militar de 1926 que impuxo unha dictadura.
2.- A idea de construir un ferrocarril entre a cidade coruñesa de Ferrol e a asturiana de Gijón comenzou a xestarse a finais do século XIX. Concretamente, no ano 1886, o Congreso dos Diputados aprobou o primeiro proxecto, cuxa principal finalidade era enlazar os acuertelamentos de artillería de Ferrol coas fábricas de armas e explosivos de Asturias, a través da difícil orografía da costa cantábrica. O proxecto foi incluido noPlan de Ferrocarriles Secundarios de 1888, aínda que as obras tardarían en dar comezo.
En 1906 se aproba a Ley de Ferrocarriles Estratégicos y Secundarios, onde o proxecto do Ferrol-Gijón volve a estar incluído como ferrocarril estratéxico e en vía estreita (1 m).
Sen embargo, debido a discrepancias sobre a idoneidade do trazado, especialmente nas comarcas occidentais de Asturias bañadas polo Eo, as obras non dan comezo ata 1921 e é o  Estado Español quen  faise cargo das mesmas.
3.- Cabo Prior. O Grupo de costa de Prior. Composto polas Baterías B2 Prior Bajo, B3 Prior Alto e B6 Monte Prior así como dous emplazamentos para proxectores denominados Prior Norte y Sur. Prior conformou unha das catro posicións principais xunto con (Campelo, Prioriño y Coruña), levándose a cabo o maior plan de artillado de costa en España.
Por Real Decreto o 13 de xuño de 1926, o goberno do xeneral Primo de Rivera aproba o “Plan de Artillado del Frente Marítimo de las Bases Navales de Ferrol-Coruña, Cartagena y Mahón”, a posición Galega Ferrol-Coruña se convertiu no maior sistema artilleiro do mundo entre os años 1933 a 1941.


No hay comentarios:

Publicar un comentario