domingo, 12 de enero de 2014

O MEU BISAVÓ, JOSÉ CAMACHO DIETTA


 José Camacho Dietta, o meu bisavó paterno, naceu en Ceuta o día  17 de marzo de 1910,  fillo de Francisco Camacho Tinoco e de Olimpia Dietta Diaz.

   


Pertencía a unha familia acomodada de Ceuta a súa nai fíxose enfermeira da Cruz Roja ao enviudar, e o seu pai fora un alto mando da marina que morreu moi novo deixando tres fillos, un deles morreu de sarampión a temprana idade, chamábase Miguel.

O maior dos irmáns era Francisco Camacho Dietta e foi profesor na Escola Militar de Marín.


A infancia do meu bisavó transcorreu en Ceuta cursando estudos de seminarista, pero como non era a súa vocación decidiu ingresar na marina. Na marina destinarono a Ferrol onde coñeceu á súa primeira muller, Dolores Franco López (a miña bisavoa) natural de Ferrol. Casáronse o día 13 de maio de 1933 en Ferrol.  A moi temprana idade empezou a ter fillos, a primeira foi miña avoa Ana María Camacho Franco á que lle socederon outros cinco fillos máis.

Tras casarse, ao ano seguinte estalou a Guerra Civil e tivo que marchar ao fronte. Embarcou no acorazado Jaime I (1)  que foi leal á República. Ao meu bisavó o prenderon e os encarcelaron do cal o librou o seu irmán que se atopaba no bando contrario (Francisco) xa que o seu irmán era un alto mando e conseguiu sacalo do cárcere. Finalmente o meu bisavó foi expulsado da marina.




Vouvos contar unha anécdota que díxome miña avoa sobre o seu pai cando atopábase na guerra:
Cando estaba en Teruel como o meu bisavó non quería matar a ninguén pedeu ir a caballería e coidar dos cabalos, finalmente deixáronlle e como alí tiñan moito frío e pasaban hambre en vez de darles a cebada aos cabalos para facían café con ela, polo cal os cabalos estaban moi delgados e algún morrían debido áfalta de alimentos. Ao preguntar o comandante se lle estaban a dar os alimentos aos cabalos o meu bisavó asentía dicíndolle que si, que el facía todo o que lle mandaban, cando en realidade os soldados utilizaban a cebada para facer café e quentarse e á vez chear o estómago.

 Tras ser expulsado da marina o meu bisavó volveu a casa sen traballo e sen diñeiro, e presentouse a unha praza de electricista na Bazán e logrou entrar.

Nesta época había racionamiento, daban media barra de pan por persona e un racionamiento de víveres na Bazán e como eran tantos fillos tiñan que acudir ao que chamaban “fielato”, que era o que pagaba la gente da cidade por ir a comprar á aldea, co cal había moita pillería por exemplo a miña avoa lle poñían a carne e os chorizos dentro da roupa para evitar así pagar.

Miña bisavoa  morreu con 33 anos de tuberculosis despois de pasar dous anos encamada, despois tamén morreu o fillo máis pequeno.

O meu bisavó casouse dúas veces máis, tendo da segunda muller dous fillos, esta muller chamábase Hortensia Pazos Veiga, estos fillos chamáronse Hortensia e Paco.  Despois de moitos anos volveu a quedar viudo xa que a súa muller ao igual que a primeira, morreu de tuberculosis.

 Finalmente volveuse a casar, con Concepción Velay Dominguez, casáronse o día 7 de dicembro de 1983,  a súa muller morreu de cancro de peito.

O meu bisavó morreu de cancro aos 82 años o 19 de xulio 1992 en Ferrol.


----------------------------

(1)O acorazado Jaime I ao comezar a Guerra Civil encontrábase en Santander, onde os cañón axudaban a disuadir aos rebeldes de calquer intento os primeiros días. Despois recibiu a orde de dirixirse ao Estreito de Xibraltar. No transito a dotación rebelouse contra os seus mandos e o barco quedou en manos do bando republicano. En xulio e agosto de 1936 tomou parte dos bombardeos de La Línea, Ceuta, Melilla e Algeciras y o 13 de agosto de 1936 reciu o impacto dunha bomba de aviación de Málaga. En septembro pasou al Cantábrico con outros barcos para apoiar a parte republicana que quedárase aisla, pero depois recibiu a orde de regresar ao Meditérraneo e dirixir a Cartaxena, dende onde tomou parte en varios bombardeos.
O 15 de abril de 1937 encallou en Punta Sabinal, logrou zafarse e refuxiouse en Almería, onde o 21 de maio sufriu o impacto de tres bombas que lle causaron grandes danos. A pesar das súas averias conseguiu chegar ata a base naval de Cartaxena.
Durante os traballos de recuperación en Cartaxena prodúxose unha gran explosión intern que causou aorredor de 300 mortos e afundiu o barco.




                                                      O acorazado Jaime I

1 comentario:

  1. tambien es mi visabuelo, soy nieta de Cipriano José David Camacho Franco, le llamamos Pepe. por parte materna. esta historia me la había contado el otro día y pues hoy busqué y me sorprendí

    ResponderEliminar