domingo, 12 de enero de 2014

FAMILIA MATERNA




As persoas da fotografía son: os adultos, os meus bisavós Pastor Couce e Serafina Beceiro e as nenas,  a máis pequena, é  miña avoa Juana e a  maior, a súa irmá Carmen.

Tanto miña avoa como a súa nai e a súa avoa, naceron en El Vilar, parroquia  de Lago no Concello de Valdoviño, pero a familia era orixinal de Pantín. Todas elas naceron en casa, pois naquella época apenas había hospitales, e para acudir a eles necesitaban ter diñeiro, pois non existía a Seguridad Social como agora, e só acudían a eles por causas moi graves.

Contaba miña avoa que cando ela era pequena, naceu no ano 1928, a vida era moi diferente á actual, pois pese a que eles tiñan algúns recursos, cultivaban a terra, tiñan animais (vacas, cerdos, coellos e galiñas) e a renta duns pisos en Ferrol, a maior parte dos veciños pasaban moitas necesidades. Ela consideraba  que  a súa familia fora dos “privilexiados”, pois nunca pasaron fame e ningunha persoa da familia falecera na guerra, que naquela época era habitual. Da súa familia só o seu tío Juan estivera no  exército, no bando nacional, e alcanzara moi elevada graduación, polo que ao final da guerra quedouse a vivir en Madrid e xa  nunca volveu a vivir en Galicia.

A familia vivía na casa petrucial, que estaba formada por unha pranta baixa, onde estaba a cuadra e a cociña, onde había unha lareira, que era onde cociñaban con leña (non tiñan  nin gas nin electricidade) e a parte de arriba, dividida en dous habitacións, era onde dormían. Non había cuarto de baño, e para bañarse tiñan que quentar agua na lareira e botala nunha tina.

Cando miña avoa era pequena, para ir ao colexio, o que non todos os nenos da aldea podían facer,  tiña que andar todoslos días máis de cinco kilómetros, por camiños sen asfaltar, pois de aquela só as carreteiras nacionais estaban ben feitas e, cando volvía soa, pasaba moito medo, pois de pequena ela cría na santa compaña, e en moitas outras lendas, pois os maiores, reuníanse entorno á lareira moitas veces pola noite, e contaban historias, sobre todo cando acudía algún pobre, pois daquella según dicía miña avoa, era normal que aos pobres se lles dese comida e se lles permitise dormir nas cabañas.

A vida era difícil, pois incluso sendo unha nena miña avoa tiña que traballar a terra axudando aos seus pais, e grazas a isto tiñan patacas e verduras para comer, e ao ter animais tiñan carne, pero outros productos como aceite, azúcar, tiñan que compralos coas cartillas de razonamiento (1) e como iso era pouco, moitas veces tiñan que comprar de estraperlo (2), o cal resultaba perigoso, pois se os collían os podían deter..

Tamén era moi difícil conseguir medicamentos, miña avoa que estivo enferma de pulmonía logrou sobrevivir, porque o seu tío Juan, o militar, lle enviaba os medicamentos.
Miña avoa sempre dicía, que “ojalá  nunca volviese a haber otra guerra”.

-----------------
1.- A Cartilla de racionamiento.- Tras a guerra, os alimentos convertéronse nun ben escaso, o Goberno decidiu controlar a distribución das mercancías, asignando a cada persoa certa cantidad dos productos (como azúcar, arroz, aceite ou pan), que debía recoller coa Cartilla de Racionamiento. Acartilla era en realidade un talonario formado por varios cupóns, na que se hacía constar a cantidad e o tipo de mercancía. A había de primeira, segunda e terceira categoría, en función do nivel social, o estado de salude e o tipo de traballo do cabeza de familia.
Estas cartillas se establecieron en 1939 e suprimíronse en abril de 1952. 


2.- Se denominou  estraperlo, durante a posguerra española, ao comerzo ilegal (mercado negro) dos artículos intervidos polo Estado ou suxeitos a racionamiento (decretado polo réximen de Franco dende 1936 ata 1952), recibindo o apelativo de estraperlistas aos que se dedicaban a tal comerzo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario